Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 324 - 05/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
 

Vigo. As mesmas razóns que hai un ano

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública apoia a manifestación do día 3 de setembro convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública baixo o lema “3 de setembro, día de loita pola sanidade pública” en recordo dunha das máis grandes manifestacións que percorreron as rúas de Vigo na defensa da sanidade pública.

 

  • Noticias relacionadas

 

O 3 de setembro do ano pasado levouse a cabo o traslado dos últimos pacientes do Xeral ao Álvaro Cunqueiro,  foi polo tanto a data do peche do Hospital Xeral.  Todos recordamos a torpeza da anterior Conselleira de Sanidade que xunto ás imprudencias do actual  Xerente o Sr. Felíx Ruibal deron lugar a unha enorme frustración tanto no persoal sanitario como nos  usuarios/as. Foi as súas irresponsabilidades no proceso do traslado as que orixinaron unha das maiores crises sanitarias coñecidas en  Vigo, nunca tanta  indignación e frustación social se xuntou na rúa como ese día para protagonizar a maior participación cidadá que se recorda nas rúas de Vigo na defensa da Sanidade Pública. 
 
 Fai un ano polo tanto que  centos de homes e mulleres da comarca acudimos a Vigo a xuntarnos coas  milleiras de persoas do resto da área sanitaria, Vigo foi un clamor social de rexeitamento á privatización da sanidade pública do Partido Popular.
 
O Álvaro Cunqueiro escandalosamente desviado do seu proxecto inicial de modelo de financiación pública cara un modelo de Concesión Administrativa de Obra Pública tipo PFI (Iniciativa de Financiación Privada) inaugurado con menos de seiscentas camas previstas, así como a redución de quirófanos e servizos, botou por terra as ilusións de veciños/as todo Vigo que esperanzados e ilusionados esperábamos o remate final dos escandalosos concertos entre o Sergas e o hospital privado Povisa S.A.
 
Este ano voltamos de novo á rúa cas mesmas razóns de fai un ano, o rexeitamento ás políticas privatizadoras do Partido Popular, pero agora acudimos con  máis ilusión e máis esperanza. Estamos a esperar dentro duns días o fallo da Unión Europea respecto do modelo de financiamento do Álvaro Cunqueiro, todos esperemos que sexa favorable  aos prantexamentos  de SOS  Sanidade Pública xa que dito fallo acercaríanos cara ó posible rescate o hospital Álvaro Cunqueiro  para a Sanidade Pública.
 
ACUDE PARTICIPA O DÍA 3 DE SETEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ NO ENTORNO DO HOSPITAL XERAL

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript