NÚMERO 324 - 05/09/2016
CUTUDC / Novidades
O vindeiro martes, 6 de setembro, un voo de deportación de Air Europa, pagado polo Ministerio de Interior, sairá desde Madrid con destino Mali e Senegal, segundo confirman a Diagonal desde o grupo de traballo Stop Deportacións da Campaña polo Peche dos CIE. “Aínda que as redadas serán ao longo e ancho de todo o Estado, o voo sairá de Madrid e terá escala en Málaga”, avisan o colectivo, desde onde animan a toda a poboación a estar vixiante e achegar información para denunciar as redadas policiais das que sexan testemuñas, que, segundo apuntan, adoitan producirse en espazos públicos e medios de transporte.
En xuño, o
Ministerio de Interior programou voos de deportación
con destino Conakry e Nixeria, e tamén a Malí e
Senegal. Ambos foron operados tamén pola compañía
Air Europa. Esta compañía conseguiu o pasado
maio, por terceira vez e a través dunha unión
temporal de empresas con Swift Air, o contrato para
levar a cabo os voos de deportación por unha
duración de 18 meses e por un monte de 12 millóns
de euros.
Desde Stop Deportacións lembran que o 27% das 10.594
expulsións de persoas migrantes en situación
irregular que tiveron lugar o pasado ano
realizáronse desde os centros de internamento de
estranxeiros (CIE), mentres o resto realizáronse
como 'expulsións exprés' desde as comisarías.
Son deportacións que ocorren ao acabar as 72 horas
de máximo que a policía pode reter a unha persoa ata
que pasa a disposición xudicial e é un modelo de
expulsión xa xeneralizado, segundo se desprende do
informe de 2015 do Mecanismo Nacional de Prevención
da Tortura, elaborado polo Defensor do Pobo. Este
informe cifrou en 6.869 as expulsións realizadas en
2015 e noutras 3.725 as devolucións. Da suma desta
cifra, 2.871 foron persoas que estiveron antes
recluídas nun CIE, o que supón o 41% da poboación en
2015 dos centros de internamento.
[Actualizado ás 16h: Desde Stop Deportacións avisan
que o voo de deportación do próximo martes podería
ser suspendido].
Diagonal Periódico
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript