Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 325 - 12/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Urxencias

A Xunta de Persoal acordou, no seu día, coa Xerencia que o proceso de promoción se levaría a termo en dúas quendas: no cuarto trimestre do ano realizaríanse as probas dos grupos C2 e C1, coa finalidade de que a toma de posesión se realizase en xaneiro do ano 2017 e, no primeiro trimestre dese ano, coa finalidade de dar un maior tempo para a súa preparación, realizaríanse as probas dos grupos A2 e A1.

 

  • Noticias relacionadas

 

Á vista de que os prazos establecidos na convocatoria enviada ao DOG e que, segundo se nos sinalou, está previsto que se publique no do día 14 de setembro, fan que o pactado sexa de difícil cumprimento se non se aquilatan os prazos. Coa finalidade de axilizar o procedemento, a Xunta de Persoal convocou unha reunión para o luns 12 de setembro onde comezaremos a tomar decisións nos aspectos que atinxen á súa responsabilidade, neste caso a designación d@s representantes que lle corresponden nos tribunais, e pedirlle a mesma dilixencia á institución.
 
Lembramos os prazos
 
2. Solicitudes.
2.1. As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días naturais que conta a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
 
3. Listaxes de persoas admitidas e excluídas.
3.1. Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes, no prazo dun mes, o xerente da Universidade ditará unha resolución en que declarará aprobadas as listaxes provisionais (neste caso o prazo establecido correspóndese ao tempo máximo que se pode tardar en publicar a dita listaxe).
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez días naturais, que conta a partir da publicación da referida resolución, para emendar o defecto que motivara a exclusión.
 
4 Tribunais
4.2. A composición dos tribunais cualificadores destas probas será publicada na Sede Electrónica da UDC cunha antelación de, polo menos, un mes respecto da data de inicio do exercicio.
4.5 Os respectivos tribunais terán a súa sesión de constitución cunha antelación mínima de dez días antes da realización do primeiro exercicio.
 
Outra cuestión urxente que ten a Xunta de Persoal enriba da mesa é o Concurso de méritos que, segundo o acordado, debería publicarse o día 1 de outubro e do que, a día de hoxe, non hai nada acordado coa Xerencia. A inexistencia de representación institucional fai que o cumprimento dese prazo perigue pero a Xunta de Persoal, na reunión do luns, 12 de setembro analizará a súa posición ao respecto da convocatoria e designación das persoas que a representarán no tribunal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript