Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 325 - 12/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Concurso
Xa me vexo sen concurso este ano. O xerente vaise, deixa asinada a convocatoria de promocións pero esquece o concurso, repítese a historia, de cen proxectos cómprese un. Nesta universidade estamos afeitas a estas circunstancias, a nosa compracencia favorece estas situacións, esta vez tocoulle ao concurso, algo haberá que facer.

Parabéns ao xerente
Vaise o xerente para un posto que demostrou durante estes anos que vale. Meréceo. É obediente, fai o que lle mandan, o PSOE pode estar seguro que non vai fallar en ningunha votación, e mesmo ten outra vantaxe, se hai que desdecirse, a el, a parte de non lle costar facelo tampouco se lle vai notar.

Predicións para o curso que comeza
Como pasou nalgunha outra ocasión estáncase o pago a provedores, o que parecía algo esporádico froito das diferentes interpretacións do orzamento, convértese en habitual. Historicamente esta universidade gabouse de ter unha economía saneada. Caeu ese castelo e as preocupacións económicas van a máis. Vai ser un ano difícil. Ollo coas determinacións que desde o goberno da institución se tomen.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript