NÚMERO 325 - 12/09/2016
CUTUDC / Novidades
O Sindicato Labrego Galego vén de iniciar unha rolda de contactos cos principais partidos políticos que se presentan ás Eleccións Galegas do 25 de setembro para compartir con eles un programa de accións necesarias para termos un medio rural vivo no que a agricultura, a gandería ou a silvicultura sexan motores dos espazos rurais, contribuíndo á creación de emprego, á dinamización social e económica, a garantir unha alimentación de calidade e a preservar a biodiversidade e a nosa riqueza paisaxística e cultural.
A primeira xuntanza para compartir as propostas do SLG tivo lugar en Compostela hoxe, 8 de setembro, e nela reuníronse a secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, co deputado de En Marea, Antón Sánchez García, que foi a primeira formación política en contestar ao ofrecemento feito pola organización agraria aos principais partidos que concorren aos comicios galegos. Neste senso, o Bloque Nacionalista Galego tamén aceptou o convite, e manterá un encontro cunha comitiva do SLG a semana que vén.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript