NÚMERO 325 - 12/09/2016
CUTUDC / Novidades
José Manuel Soria non renuncia. Máis ben fórzano a renunciar. É a cabeza que cae para salvar aos que máis mentiron nesta ocasión: Luís de Guindos e Mariano Rajoy. Foi o ministro de Economía quen defendeu que nomear a calquera outro “sería ilegal”. Foi o propio presidente do Goberno quen asegurou que gañara “a súa praza nun concurso público”. Ningún dos dous dicía a verdade e é a evidencia destas mentiras o que provocou que o exministro dos Papeis de Panamá perda este choio no Banco Mundial.
O posto ao que
ía a Soria repartiuse polo moi español método do
dedazo, non por un concurso público. Así queda claro
no propio
documento da convocatoria, onde nin hai uns
requisitos claros nin se adxudica puntuación algunha
aos criterios de selección; nin sequera era
imprescindible ser funcionario e nisto Rajoy tamén
mentiu. Os requisitos eran tan laxos que todo
dependía do que dixese o tribunal, un grupo moi
independente que estaba formado por varios altos
cargos nomeados polo PP. E a convocatoria non só non
foi pública, senón que o propio ministro Luís de
Guindos manobrou para que a puidese levar José
Manuel Soria, o seu compañeiro e amigo desde a
universidade.
Grazas ao xornalista Rafael Méndez do Confidencial,
hoxe sabemos que o postazo que levou Soria
convocouse por primeira vez en xaneiro. Pero cando
Soria dimitiu –oh, casualidade–, Luís de Guindos
paralizou aquela convocatoria e volveu abrila en
xuño. Deste xeito o seu amigo Soria púidose
presentar. A típica golfería dun ministro que ten a
dúas sobriñas colocadas noutros postos similares na
Administración grazas a concursos “” como o de
Soria:
unha no Banco Mundial (14.000 euros ao mes) e a
outra na embaixada de Washington.
Luís de Guindos foi quen manobrou para fabricar este
retiro dourado pero non actuou só. Dubido de que o
ministro puidese facelo sen o visto e prace do
mentireiro de sempre, do presidente en funcións
Mariano Rajoy Brey.
Soria cae por segunda vez porque de novo estamos
ante unha posible repetición electoral, porque veñen
as galegas e vascas e porque nin sequera un Goberno
que mantén enchufados a Trillo en Londres e Wert en
París –ambos os embaixadores con nula experiencia
diplomática– se podía permitir outro escándalo máis.
Soria renuncia pero nin De Guindos nin Rajoy
asumirán ningunha responsabilidade. Esixirana os
seus votantes nas urnas? Permítanme dubidalo.
Recollido de El Diario
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript