NÚMERO 325 - 12/09/2016
CUTUDC / Novidades
O Comité de Persoal Laboral da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña en reunión realizada o día 31 de agosto toma, entre outras, as seguintes decisións:
Despois de
lembrar que o día 13 de setembro xa está programado
un acto unitario que consiste na entrega de
sinaturas no rexistro central de San Caetano contra
os recortes de dereitos laborais, sociais e
económicos sufridos por tod@s @s traballador@s da
Xunta de Galicia nos últimos sete anos, decídese
propoñer, no Comité Intercentros, a realización de
máis mobilizacións.
Nesta liña de manter as mobilizacións acórdase
realizar o día 15 de setembro, unha caravana
de coches con saída ás 9:00 horas, desde a RM de
Caranza, pasando por RM de Oleiros, o CAPD, o CEM
San José de Calasanz e rematando na Xefatura
Territorial.
Infórmase de que @s educador@s do CAPD non cobran o
complemento de responsabilidade o que representa
unha clara discriminación. Insístese, de novo, en
que faltan educador@s nas aulas do CAPD. Infórmase,
tamén de que houbo dous accidentes graves na cociña.
Infórmase de que no Albergue de Gandarío a
dirección impuxo as vacacións, que non pensan
prorrogar os contratos d@s traballador@s,
externalizando o servizo mediante a subcontratación
cunha empresa privada. Nesta deriva informouse de
que se contratou unha empresa de catering nalgún fin
de semana para non facer os chamamento utilizando as
listas.
Diante da falta de resposta nas solicitudes de
reunións que se fixeron, de xeito reiterado, nos
centros Torrente Ballester e
Volta do Castro decídese
facer unha nota de prensa e insistir na solicitude
de reunións.
Acordase instar á Comisión de Listas e
á Xefatura Territorial para que
abran novas listas nas
categorías que están
esgotadas ou a piques de estalo.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript