NÚMERO 325 - 12/09/2016
CUTUDC / Novidades
As zonas virxes do planeta atópanse nun "declive catastrófico", segundo un estudo publicado por Current Biology que advirte, ademais, de que estas zonas da natureza poderían desaparecer se non se aplican cambios substanciais nas políticas ambientais.
"Se non actuamos pronto, só haberá
pequenos remanentes de terras salvaxes en todo o
planeta, e isto é un desastre para a conservación,
para o cambio climático, e para algunhas das
comunidades humanas máis vulnerables", avisa o autor
principal do informe, o doutor James Watson, da
Universidade de Queensland en Australia e a Wildlife
Conservation Society en Nova York. "Temos o deber de
actuar para os nosos fillos e os seus fillos".
Watson e o seu equipo delimitaron áreas virxes en
todo o mundo, as que se definen como "paisaxes
biológicamente e ecoloxicamente intactos, libres de
calquera perturbación humana significativa", e logo
compararon cun rastrexo similar producido polos
mesmos métodos na década dos 90.
Os resultados son "devastadores", segundo Óscar
Venter, outro dos autores, da Universidade de
Northern British Columbia. O estudo informa da
perda dun total de 3,3 millóns de quilómetros
cadrados desde os 90, especialmente en
Suramérica, que perdeu un 29,6%, e África, cun 14%.
Na actualidade, permanecen un total de 30,1 millóns
de quilómetros cadrados de áreas virxes en todo o
mundo, localizadas en América do Norte, Asia, o
norte de África e Australia.
Os investigadores consideran que o rápido
desenvolvemento durante os últimos vinte anos acabou
co 10% das zonas salvaxes.
A pesar de ser redutos de biodiversidade en perigo
de extinción, Watson sinala que as áreas silvestres
"ignóranse por completo na política ambiental" e que
reverter a súa desaparición levaría outro vinte
anos. Para Venter, con todo, isto é irrecuperable:
"Unha vez que desapareceu unha zona salvaxe, e o
ecosistema que a sustenta, nunca volve ao que era
antes".
Diagonal Peródico
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript