Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 326 - 19/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  ADEGA
 

20 anos despois do derrubamento de Bens, só 3 de cada 20kg de lixo son recuperados

O 10 de setembro de 1996 derrubouse o vertedoiro de Bens na Coruña, naquel momento o de maior tamaño de Galiza, so superado posteriormente polo macro-vertedoiro de SOGAMA na Areosa.

 

  • Noticias relacionadas

 

  • Catro anos despois, xa en 2000, comezou a funcionar un novo plan de xestión do lixo coa planta de Nostián como principal instalación. Mais cando Nostián leva 16 anos funcionando e o derrube de Bens está a punto de cumprir 20 anos, a situación pouco cambiou. Hoxe no ámbito Nostián apenas se recicla o 15% do lixo, e a maior parte segue indo a vertedoiros, sexa en Nostián (vertedoiro aínda sen pechar) ou noutros puntos de Galiza como Sobrado ou Cerceda. Isto é un atentado ecolóxico como o foi Bens no seu momento.    
     
    Resultados de Nostián nos últimos anos
     
    O 68-69% de todo o lixo recóllese no contedor laranxa (entre 100.0000 e 120.000 t, segundo o ano), en principio destinado á fracción seca, pero que segundo fontes oficiais (PXRUG 2010-2020) contén máis dun 32% de MO compostable.  
     
    O 21-22% recóllese no contedor verde, cun índice de impropios do 28% (no centro da Coruña, este índice  era moi inferior durante os primeiros 8 anos do proxecto, pero foi empeorando).  
     
    Por riba do 15% de impropios, a recollida non se considera como recollida selectiva. Portanto, a recollida selectiva limitase ao que os cidadáns entregan nos contedores de papel/cartón e vidro, e nos puntos limpos, que suma en total un 10% do lixo.
     
    Valoración resultados 2011-2015:
    O vidro, cun 53% é a única fracción que acada unha recuperación media. A recuperación de papel está estabilizada no 30%, do cal 2/3 é recollida selectiva e 1/3 recuperación en planta.  Portanto, atópase en valores moi baixos.
    A recuperación de EnL (toda en planta) aumentou nestes anos desde o 25 ao 35%, resultado das melloras na planta. Mais significa que 2/3 dos envases non se recuperan.
     
    Así a recuparación total pasou do 13,4 en 2011 ao 15,1 en 2015. Só 3 de cada 20 kg de lixo son recuperados!!! O 50% da materia orgánica procésase para a obtención de biogás e estabilización biolóxica, pero a falta de calidade fai que se trate dun "compost" fora de especificacións, polo que non se califica de reciclaxe. Nostián debería compostar de forma separada o residuo recollido no contedor verde: só así  podería acadar boa calidade.
     
    Desde  2013, Nostián facilita a información de entradas e saídas da planta, o que signifia unha maior transparencia informativa que antes non se daba. Tamén desde 2015 o concello mantén un diálogo cos colectivos ecoloxistas, que apoian o Concello na adopción de medidas para mellorar esta situación. A comezos de 2017 vence o contrato de recollida do lixo. É imprescindible, portanto modificar e actualizar o modelo, xa que a recollida separada en orixe é a condición sine qua non para mellorarmos.
     
    En resumo:

    • En todo o ámbito Nostián recupérase hoxe o 15% dos residuos. A situación apenas mellorou nos últimos anos: 13,4% de reciclase en 2011, 15,1% en 2015.
    • Desta cifra, a cidadanía achega directamente o 50% na forma de recollida de papel e vidro con boa calidade.
    • A planta recupera o outra cantidade similar como materiais reciclábeis separados en destino.
    • O esforzo da cidadanía en separar a materia orgánica acada máis do 20% dos RM, pero estase a perder polo feito de a planta non facer compost separadamente cos residuos orgánicos recollidos no contedor verde. De facerse isto, a reciclaxe subiría ao 35%, cifra alcanzada de forma continuada no ámbito Barbanza.
    • En 1996 cando se derrubou Bens, o 100% dos residuos ía ao vertedoiro. Hoxe o 70% vai sen recollida separada e acaba nos vertedoiros.
    • Se non se cambia o modelo de recollida separada, non hai solucións (manifesto Nostián Solución)
     

     Analisando a calidade da recollida: acto en Bens

     

    Para facer patentes as eivas deste modelo e incidir na súa necesidade de millora, ADEGA-Coruña organizou un acto no parque de Bens no que analisamos a "calidade" da separación. Para iso, colleitamos 6 boldas do contentor laranxa (envases e inertes), clasificamos o seu contido e pesámolo. Evidentemente, non se trata dunha mostra representativa, mais si aponta onde estan as principais eivas que provocan a mala calidade da recollida selectiva.
     
    Os resultados para unha mostra do contentor de inertes, no que se supón que non debe ir a materia orgánica é o seguinte: 52% orgánico; 24% inertes, 19% vidro, 4% papel e 0,6% perigosos...
     
    Para ADEGA isto tamén é un atentado ecolóxico!!!
     
    Ligazóns
     
    Álbum de fotos do acto
     
    ADEGA

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript