Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 326 - 19/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL
 

Reino Unido construirá un muro anti inmigrantes en Calais

O secretario de Estado de Inmigración do Reino Unido, Robert Goodwill, anunciou que Londres levantará un muro no norte do porto francés de Calais para tratar de impedir que os inmigrantes suban aos camións e tenten cruzar a canle da Mancha.

 

  • Noticias relacionadas

 

  •  

    O muro, de algo máis dun quilómetro de lonxitude e catro metros de alto, custará ao redor de 1,9 millóns de libras (2,3 millóns de euros) e comezará a edificarse a finais deste mes.
     
    “A xente aínda está a entrar. Puxemos valos e agora imos construír un muro como parte do incremento da seguridade na zona”, sinalou Goodwill nunha sesión nos Comúns, segundo citou a axencia EFE.
     
    O anuncio do Goberno da primeira ministra Theresa May prodúcese días despois de que un grupo de refuxiados e inmigrantes protagonizasen varios incidentes en Calais ao colocar troncos de árbores, carriños de supermercado e pedras para tentar deter os vehículos e subir a bordo.
     
    Segundo as autoridades británicas, o muro, que podería estar construído para finais de ano, edificarase cun formigón lixeiramente esvaradío para que resulte máis difícil ser escalado.
     
    A construción estará dividida en dúas seccións, que se instalarán a cada lado da principal vía de acceso ao porto, e estará adornada con flores e plantas para reducir o seu impacto visual na zona.
     
    Esta obra forma parte dun plan conxunto de medidas entre Londres e París dotado con 17 millóns de libras (20,2 millóns de euros) para reforzar a seguridade na zona de Calais.
     
    Telam
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript