Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 326 - 19/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Convocatoria de promocións

Na reunión que a Xunta de Persoal tivo co reitor sinalóusenos a data do 14 de setembro como o día no que a convocatoria de promocións sairía publicada no DOG. O día 14 publicouse unicamente a convocatoria extraordinaria de funcionarización. Ao non aparecer na data sinalada, nin nos días sucesivos, a convocatoria de promocións preguntamos no Servizo de PAS que nos sinalou que, desde o DOG indicaran que xurdira un problema de maquetación que provocara o retraso e que agardaban se publicara nesta semana que comeza.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sinalóusenos, tamén que no texto que se publicará eliminaranse as referencias que da Lei 8/1995 se contemplan nas convocatorias da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña  e na da escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña, que foi recentemente derrogada, substituíndoa pola Lei 5/2016 de 4 de maio do patrimonio cultural de Galicia.
 
Estaremos atent@s para informarvos cando se produza a publicación no DOG

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript