NÚMERO 326 - 19/09/2016
CUTUDC / Novidades
Avenida da Alcaldesa Rita Barberá. Praza de Manuel Chaves. Paseo de José Antonio Griñán. Colexio Público "Francisco Camps". Carrer de Jordi Pujol. Instituto de Educación Secundaria "Rodrigo Rato". Polideportivo "Jaume Matas". Albergue Municipal para Persoas sen Fogar "Ana Botella". Hospital Universitario "Infanta Cristina". Estación de Metro "Juan Cotino". Aeroporto "Carlos Fabra".
Así ía ser
o rueiro e o nomenclátor de edificios públicos
dentro duns anos. Seguindo o costume de lembrar
a quen gobernou, en proporción á súa
importancia: para algúns unha avenida principal,
un hospital ou un parque; para a maioría unha
rúa nos arredores ou unha biblioteca de barrio.
A pouco que se fosen retirando ou morrendo,
verían recoñecida a súa tarefa. Algún ata
esperaría ser homenaxeado
no estranxeiro.
Zona Crítica
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript