NÚMERO 326 - 19/09/2016
CUTUDC / Novidades
Na reunión Xerencia-Xunta de persoal funcionario da UVigo realizada o 14 de setembro a Xerencia presentou a proposta de criterios para a execución da Relación de Postos de Traballo do pas funcionario que aprobou o Consello de Goberno e que a representación do persoal informou negativamente. A Xunta de Persoal estableceu un calendario de asembleas para estudala, debatela e dar a resposta que corresponda.
A Proposta da
Xerencia sinala:
Tras a aprobación da relación de postos de traballo
(RPT) do persoal funcionario de administración e
servizos polo Consello de Goberno o pasado 22 de
xullo de 2016, cómpre establecer o procedemento para
executala, considerando os seguintes como principios
reitores:
- aplicar criterios xerais e obxectivos acordados
coa representación do persoal
- garantir o bo funcionamento e a xestión ordinaria
dos centros e unidades
- garantir no maior grao posible os dereitos do
persoal en relación coa localidade, a área funcional
do seu destino definitivo e o nivel de complemento
de destino (CO)
- evitar a necesidade de concursar, mediante a
asignación de destino definitivo á maior parte do
persoal afectado
Con esta finalidade, para a súa negociación e acordo
coa representación do PAS funcionario formúlanse
unha serie de criterios, de natureza obxectiva,
similares aos que a Xerencia e a Xunta do PAS
funcionario acordaron na execución de RPTs
anteriores, sen prexuízo do establecido no Acordo
sobre criterios de incorporación e cesamento do
persoal de administración e servizos da Universidade
de Vigo derivados dos procesos de provisión e
selección (OOG do 7 de abril de 2009).
CRITERIOS
1. Asignarase destino definitivo naqueles casos en
que mudando a denominación do posto, non varíe a súa
área funcional (como figuran definidas nas tres
últimas convocatorias de concurso de méritos)
estimando que resulta coincidente o núcleo das
función s correspondentes ao destino previo e ao da
nova RPT, así como o nivel de CO.
2. Cando nunha unidade aumenten ou diminúan o número
de postos, con ou sen división daquela, a elección
de posto definitivo entre os funcionarios que ocupen
postos de igual nivel de CO realizaranse de acordo
coa seguinte orde de prelación:
a) Antigüidade no posto ocupado con carácter
definitivo e unidade como funcionario de carreira
b) Antigüidade na UVI como funcionario de carreira.
c) Subgrupo de pertenza.
d) Antigüidade na UVI.
e) Antigüidade na administración.
3. Estes mesmos criterios aplicaranse para realizar
as adscricións provisionais. Neste caso, ademais,
procurarase asigna las:
a) Dentro da mesma unidade: área académica, servizos
á comunidade, económica, centro, servizo ou
equivalente.
b) Dentro do mesmo ámbito, considerando para este
efectos os seguintes: Campus de Ourense, Campus de
Pontevedra, Ámbito Científico, Ámbito Tecnolóxico,
Ámbito Xurídico-Social e Humanidades e Xerencia (no
que quedarán englobados os postos non incluídos nos
anteriores).
c) Mesma localidade.
4. O persoal que no momento da aprobación da RPT
tivera atribuído un posto mediante adscrición
provisional, continuará no seu desempeño, agás que
se suprimira ou sexa necesario atribuírlle outro.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript