Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 327 - 26/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - CEPREA
 

Reunión da Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización de Estruturas Académicas (CEPREA)

Despois de transcorrido o tempo para a presentación de alegacións do que vos informamos nun PASquín anterior, o pasado venres día 23 realizouse unha nova reunión da CEPREA na que se analizaron as 20 alegacións que se presentaron.

 

  • Noticias relacionadas

 

  •  

    O vicerreitor de Profesorado que preside as reunións sinalou que entenden desde o equipo de goberno que hai cuestións da documentación presentada que requiren máis reflexión e que se dan de prazo para realizar esa análise até a convocatoria do Claustro que se realizará o día 6 de outubro (posteriormente esta reunión trasladouse ao día 13).
     
    Modifícase a proposta institucional para facilitar a creación de Seccións Departamentais incluíndo o que se establece na “masa crítica”.
     
    Introducirase unha modificación no punto que sinala que cada departamento estará asignado a unha UADI, de xeito que, se non hai acordo en contra entre os propios departamentos afectados, a redución non poderá superar o 50% dos actualmente adscritos á UADI.
     
    Ao final da reunión ponse de manifesto que a Comisión non cumpre as funcións que se lle asignaron, non hai ningún acordo como órgano, limitándose a representación institucional a aceptar ou rexeitar as alegacións que lle parece.
     
    Diante desta circunstancia modifícanse a data de realización do Claustro onde se analizarán os “acordos” da comisión para posibilitar unha reunión da CEPREA na que se tomen os acordos oportunos.
     
    As datas acordadas son as seguintes:
     
    Mesa do Claustro: día 28 de setembro
    Reunión da CEPREA para tomar determinacións: 6 de outubro ás 9:30 horas.
    Reunión do Claustro: día 13 de outubro.
     
    Ao remate da reunión tomaron a palabra:
     
    Casteleiro que sinala que a reunión realizada non é máis que a expresión do pensamento único, a institución arrógase o papel de aprobar ou rexeitar as alegacións sen que ninguén na sala manifeste a súa postura contraria.
     
    Daniel Pena, pronúnciase de xeito semellante, manifestando o seu rexeitamento ao funcionamento da Comisión porque non cumpre o papel asignado, lamenta o tempo perdido en discusións e acordos sobre toma de decisións cando non se realiza ningunha votación.
     
    O vicerreitor responde sinalando a vontade de consenso do equipo de goberno.
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript