NÚMERO 327 - 26/09/2016
CUTUDC / Novidades
O próximo día 3 de outubro Antia, Atanes e Mario estamos chamadas a xuízo pola nosa imputación nun delito de desordes publicos polo escrache realizado ao profesor de Ciencias de Educación Domingo Neira o 15 de maio do ano pasado . Na facultade de Campus Sur, arredor de 70 persoas persoas convocadas polo Peche Historia nos concentramos para esixir a súa inmediata expulsión da USC, motivadas polos seus persistentes comentarios discriminatorios coa diversidade sexual e as mulleres.
O profesor
Neira destaca dende hai anos nas súas aulas polo
seu posicionamento homófobo e sexista, con
bromas constantes e insultantes, mais tamén
asegurando que cando di, por exemplo, que "a
homosexualidade é contaxiosa" ou que é "un
vicio" se basea en estudos científicos. Isto
levou a que no pasado ano académico 2013-14 as e
os seus alumnos denunciasen publicamente o seu
comportamento, coa reacción do profesor
reiterando os seus comentarios argumentando a
súa suposta función de "crear consciencia
crítica no estudantado". O Decanato, a pesar do
seu silencio inicial, consentiu en levar o caso
a un tribunal de investigación (entendemos que
pola ampla repercusión mediática), e o
procedemento rematou nunha sanción que críamos
definitiva. Mais sorprendentemente foi ao ano
seguinte cando nos atopamos con que Domingo
Neira retomaba a súa actividade laboral na USC,
xa que apenas estivo suspenso algo máis dun
cuadrimestre.
Por todos estes motivos denunciamos a situación,
levándoa ata a mesa de negociacións co recén
electo reitor Juan Viaño. Neira continuou no
posto, facendo a USC oídos xordos ao
estudantado. Atopámonos entón na necesidade de
facer ver nas propias facultades que non imos
aturar máis a discriminación nas nosas aulas, e
foi por iso que o 13 de maio loitamos contra a
censura e acudimos á chamada do Peche Historia
para demostrar que na Universidade pública non
hai espazo para as condutas que queren facer do
seu odio irracional materia de exame.
No escrache, as únicas violentadas e
coaccionadas fomos nós, que en ningún momento
agredimos ao mencionado profesor. Non
renunciamos á nosa lexitimidade na hora de
denunciar discursos claramente homófobos nas
aulas da USC nin a nosa actuación aquel día, que
non foi máis que a consecuencia da pasividade
das institucións universitarias en torno aos
prexuízos do seu profesorado.
Cabe destacar que son as dúas persoas que
formulan a denuncia: a Secretaria Xeral da USC,
Consuelo Ferreiro Regueiro, e a Vice-decana da
Facultade de Ciencias da Educación, María Jose
Mendez Lois. Isto da unha idea do grao de
complicidade que ten a directiva da USC con este
docente e a súa conduta homófoba, mais tamén do
escaso compromiso no que se atopa esta
institución co respecto polas liberdades sexuais
e a loita feminista.
En poucos días afrontaremos o xuízo baixo a
petición fiscal de 5 meses de prisión para cada
unha de nós por “desordes públicos”. Ante isto,
iniciaremos unha campaña de socialización do
noso caso e denuncia da represión que sofremos
polo simple feito de berrar que non queremos
homofobia nas nosas aulas.
Seguimos firmes na loita por unha sociedade
libre de Patriarcado e chea de tolerancia.
Chamamos deste xeito a todos os axentes
políticos, sociais, sindicais... á difusión
deste comunicado así como á denuncia xeral deste
novo caso represivo.
Non queremos ser educados por homófobos!
Absolución Antia, Mario e Atanes!
Facebook
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript