Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 327 - 26/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  XULGADOS
 

11 anos de cárcere por defender a universidade pública?

A Deriva autoritaria do réxime monárquico español, herdeiro do franquismo, está a chegar a extremos de pre-ditadura, na persecución xeneralizada das voces discordantes coas súas vergoñentas políticas. Agora tócalle a quenda a Armengol Gassiot, secretario xeral da CGT Catalunya, profesor da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), a un traballador de Administración e Servizos (PAS) da mesma universidade, que era delegado dos Colectivos Asemblearios (CAU-IAC) do devandito centro educativo e a 25 estudantes.

 

  • Noticias relacionadas

 

    As desproporcionadas condenas que pide a Fiscalía son de 11 anos e 5 meses de prisión para todas e todos, unha petición relacionada cos feitos ocorridos nos anos 2012 e 2013, cando se produciron mobilizacións estudantís na UAB que culminaron coa ocupación do reitorado.
     
    Naqueles días Gassiot era delegado sindical, membro do comité de empresa da universidade e profesor de Arqueoloxía, posteriormente elixido secretario xeral da CGT, ademais entre os estudantes procesados está Eudald Calvo, actual alcalde de Argentona da Candidatura d´Unitat Popular (CUP).
     
    Un grupo de estudantes e algúns profesores ocuparon durante un mes en 2013 a reitoría, Ermengol Gassiot fíxoo como delegado e membro do comité de empresa, a acción converteuse posteriormente nunha ocupación protagonizada polos colectivos en loita da UAB, durante esas horas manifestouse a oposición política dos estudantes, profesores e PAS no interior do equipo de goberno da institución universitaria, varios profesores e persoal de administración mostraron a súa solidariedade coa súa presenza no edificio, levando a cabo as súas clases á reitoría.
     
    A Fiscalía acusa e pide condenas xenéricas de máis de 11 anos de cárcere a Gassiot e resto de persoas que participaron nas mobilizacións. No caso do actual secretario xeral da CGT, pídenselle eses anos de prisión por un delito continuado de desorde pública e outro de coaccións, entre outros. Ademais inclúe 5 anos de afastamento da UAB para o conxunto dos 27 acusados e 385.000 euros para compensar o que consideran danos ocasionados nas devanditas dependencias universitarias.
     
    Tamén e para remachar o cravo desta inmundicia a vicerreitora de estudantes da UAB Silvia Carrasco, militante de Iniciativa per Catalunya (ICV) por Sabadell, persóase como acusación particular contra estudantes e os seus propios compañeiros profesores.
     
    Desde o franquismo e o seu criminal de lesa humanidade, Tribunal de Orde Pública (TOP), non se producían denuncias penais que pidan prisión a estudantes e profesores, o que vén demostrar os niveis de degradación da actual xustiza española, en mans dun réxime que progresivamente vai destruíndo os dereitos civís da cidadanía, protexendo a policías que por exemplo rebentan un ollo a un manifestante ou inflan a paus a calquera familia desafiuzada con menores ou persoas enfermas entre os seus membros, deixando na rúa a toda unha fauna de políticos corruptos que son indultados, de xeito vergoñento condenados a ridículas condenas tras saquear millóns de euros das arcas públicas.
     
    A vara de medir deste réxime inclínase como case sempre polo lado máis sucio e putrefacto, perséguese e trátase de encarcerar a solidariedade, a sensibilidade, a complicidade e a empatía de profesores cos seus alumnos en demanda dunha educación pública de calidade, para que as fillas e os fillos da clase traballadora teñan dereito a unha universidade alcanzable, aberta e fraterna.
     
    http://viajandoentrelatormenta.blogspot.com.es
     
    Imaxe da asemblea do 17 de abril do 2013 que precedeu ao peche no edificio do Reitorado da UAB
     
    Kaosenlared

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript