NÚMERO 327 - 26/09/2016
CUTUDC / Novidades
A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o mércores 28 de setembro unha concentración baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza. Será en Nigrán, diante do concello na praza da Constitución.
Imos até este
municipio para amosar o noso apoio a unha
compañeira, perceptora de RISGA, que denunciou o
trato recibido polos servizos sociais desa
localidade e para visualizar o control e a
estigmatización que padecemos aquelas que
recibimos prestacións sociais.
Máis alá da mala praxe dunha traballadora social
queremos denunciar a imaxe deformada que o poder
traslada das perceptoras de axudas sociais.
Queren crear a imaxe de que defraudamos,
enganamos, vagueamos... e todo para vivir dunhas
administracións que só ofrecen faragullas. Fan
ruído para que non escoitemos os
recortes, as privatizacións de servizos públicos
ou a chegada dun modelo baseado no
asistencialismo privado.
Fronte ao mal reparto esiximos dereito sociais
fortes e medidas que garantan unha vida digna
para todas as persoas. Renda Básica das iguais e
moito máis!
Relato do acontecido
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript