Setembro de 2016
 
 

NÚMERO 327 - 26/09/2016

   CUTUDC / Novidades

  CONTRA O RACISMO E A IMPUNIDADE POLICIAL
 

Estado de emerxencia en Charlotte por protestas contra violencia policial

O gobernador Pat McCrory confirmou en Twitter que se declarou o estado de emerxencia en Charlotte despois da segunda noite de protestas contra a brutalidade policial.

 

  • Noticias relacionadas

 

  •  

    O gobernador de Carolina do Norte declarou este mércores o estado de emerxencia logo de que ocorrese en Charlotte a segunda noite de manifestacións en protesta pola morte dun afrodescendente a mans da policía.
     
    “Declarei o estado de emerxencia e iniciei esforzos para despregar a Garda Nacional e a Patrulla de Camiños para asistir á policía local en Charlotte”, escribiu o gobernador Pat McCrory en Twitter.
     
    Ordenouse tamén o despregamento da Garda Nacional, un corpo que conta con armamento similar ao do Exército (incluíndo tanques e cazabombardeiros).
     
    De acordo coa información difundida polos medios locais, os disturbios causaron serios danos no centro comercial da cidade, no que se atopan tendas de luxo, e onde se produciron saqueos. Na autoestrada interestatal 85, que pasa pola cidade, os manifestantes saquearon algúns camións e prenderon lume á carga doutros.
     
    A patronal local xa aconsellara onte aos establecementos comerciais de varias zonas da cidade que atasen con cadeas mesas, macetas, cadeiras ou outros obxectos que puidesen ser susceptibles de ser usados en barricadas. Os disturbios débense ao asasinato o pasado luns de Keith Lamont Scott, un cidadán de raza negra de 43 anos, a mans dun policía.
     
    LibreRed
     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript