NÚMERO 327 - 26/09/2016
CUTUDC / Novidades
O Imposto sobre o Patrimonio (IP) en España, que grava a riqueza, proporcionou 937 millóns de euros ás arcas públicas en 2014, último ano do que existen estatísticas oficiais. Esa cifra supón só un 0,17% da riqueza recoñecida polos contribuíntes e un 0,53% da recadación total.
O IP é unha
figura tributaria concibida para que acheguen
máis ao sostemento do Estado aquelas persoas
físicas que máis teñen, da mesma maneira que o
Imposto sobre a Renda (IRPF) busca unha maior
contribución de quen máis gañan. Con todo, na
práctica, non sempre é así.
As comunidades autónomas teñen cedido o IP e
algunhas bonifícano ata o 100%,
como Madrid, aínda que existe a obrigación de
declarar cando a base impoñible supera os
700.000 euros ou se é titular de bens por valor
de máis de dous millóns, igual que no resto de
España.
En 2008, José Luis Rodríguez Zapatero suprimiu
de facto o IP, pero decidiu recuperalo en 2011
para paliar as desfeitas que a crise estaba a
causar nas contas públicas. Tras alcanzar o
poder, Mariano Rajoy decidiu mantelo, a pesar de
ser un imposto moi criticado pola ala máis
liberal do seu partido.
Como consecuencia diso, en 2014 houbo 181.874
declarantes do IP, sen incluír os das
comunidades navarra e vasca, que levan a súa
propia xestión fiscal, grazas ao réxime foral do
que gozan. O patrimonio total declarado foi de
555.539 millóns de euros, segundo os datos
facilitados pola Axencia Tributaria.
Case a metade de 931 millóns recadados obtívose
en Catalunya (429 millóns), seguida a moita
distancia da Comunidade Valenciana (107). Debido
á bonificación do 100%, Madrid non captou nin un
euro, a pesar de que houbo 16.670 declarantes,
cun patrimonio medio de 8,4 millóns, o máis alto
de España.
O IP supón unha mínima parte da recadación total
de Facenda, que en 2014 ascendeu a 174.987
millóns de euros. Tamén é insignificante en
comparación co IRPF, que soportan basicamente os
asalariados e que ese ano achegou 72.662
millóns.
Vicente Clavero | Público
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript