NÚMERO 327 - 26/09/2016
CUTUDC / Novidades
Unha semana despois da sentenza do Tribunal de Xustiza da UE, faise pública outra dun xulgado de Vigo que recoñece a tres enfermeiras e seis auxiliares de enfermería como indefinidas despois de levar desde 2008 asinando contratos temporais cunha duración de seis meses.
Nunha sentenza do 19 de setembro
, o Xulgado do Contencioso-Administrativo
nº2 de Vigo considera que os contratos eventuais
asinados constitúen unha fraude de lei e
que estas nove traballadoras teñen que ser
recoñecidas como persoal indefinido do
Servizo Galego de Saúde (Sergas). Por iso,
obriga a este organismo público a crear nove
prazas de carácter estrutural e recoñecerlles
a súa antigüidade desde o primeiro día no
que asinaron o seu primeiro contrato temporal.
Ademais, acusa a Sergas de actuar con desviación
de poder.
A sentenza establece que as
necesidades polas que se xustifica a súa
contratación eran "permanentes ou
estruturais inherentes á prestación regular e
ordinaria do servizo e non á cobertura de
necesidades de carácter conxuntural ou
extraordinario" ante a falta de persoal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript