Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Cesan a 436 profesionais contraincendios malia que segue “o período de alto risco”

Apropiga pide a fin da precariedade dos traballadores de nove meses que finalizarán a súa actividade na loita e prevención contra incendios forestais en novembro.

 

  • Noticias relacionadas

 

    Galicia segue en alerta por incendios forestais, pero, a pesar diso, a Xunta acaba de cesar a case medio cento de traballadores para loitar contra os lumes. Así o denuncia a Asociación Profesional do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (Apropiga) que critica que "se destitúa" o día 30 de setembro 436 profesionais cando a propia Consellería de Medio Rural considera que é necesario "ampliar o período de alto risco de incendios" ata o 15 de outubro.
     
    "Son 436 traballadores que o deron todo durante esta campaña e que cesan malia que seguen sendo necesarios ante as previsións que establece a propia consellería", apunta nun comunicado. Entre o colectivo de afectados están emisoristas dos centros de coordinación, bombeiros forestais nas brigadas helitransportadas, vixilantes fixos fundamentais para detectar os incendios econdutores de vehículos motobomba cuxo cese vai motivar que haxa vehículos de loita contra incendios parados.
     
    Apropiga pide que estes traballadores non cesen e que se arbitren medidas para que o seu traballo se prorrogue no tempo aproveitando as súas capacidades", ao tempo que instan á consellería a que poña fin á precariedade dos traballadores do servizo de prevención fixos discontinuos de 3 meses (que cesan agora).
     
    Neste punto, Apropiga esgrime que "tampouco resulta comprensible que, mentres os traballadores do servizo público son cesados, "continúen operativos os medios contratados" a través de entes públicos ou empresas privadas".

    GALICIA CONFIDENCIAL

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript