Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

ERE en EXTEL

O día 27 de setembro constituíuse a mesa de negociación do expediente de regulación de emprego da empresa de telemárketing EXTEL. O día 28 comezou a transcorrer o período de “consultas”. As traballadoras e traballadores non aceptan os despedimentos e xa realizaron unha folga parcial durante o día 28 e anuncian outra esta vez de 24 horas o día 6 de outubro.

 

  • Noticias relacionadas

 

    A empresa fundamenta o ERE en causas produtivas e organizativas, e afectará a 355 empregad@s pertencentes ás plataformas da Coruña,Barcelona, Madrid, Málaga, e Zaragoza, e afectaría (non imos permitir que se se leve a efecto) a:
     
    A Coruña: 205 traballador@s
    Zaragoza: 104 traballador@s
    Alcobendas: 29 traballador@s
    Hospitalet: 13 traballador@s
    Málaga:4 traballador@s
     
    @s traballador@s aafectad@ inclúe profesionais con contrato indefinido e por obra excluíndose discapacitad@s, vítimas de terrorismo, vítimas de violencia de xénero e maiores de 50 anos.
     
    A reforma laboral, a través de  ERE coma este segue a cumprir os seus obxectivos, a precarización absoluta do mercado laboral mediante o despedimento gratuíto e sen precisar de argumentacións racionais e contrastadas.
     
    Neste caso, a empresa EXTEL incluso se ve na obriga de recorrer sistematicamente a empresas de traballo temporal pola alta carga de traballo que ten. A defensa dos postos de traballo está por riba de calquera outra consideración. Poñémonos a carón das traballadoras e traballadores de EXTEL para impedir os despedimentos anunciados.
     
    A intención última, segundo sinalan @s traballador@s é a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galicia e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.
     
    As empresas están a despedir a través de ERE, aos sectores obreiros con máis garantías sociais e laborais, con maiores salarios, para converter os salarios en precarios a través da subcontratación e os novos contratos de miseria. Os salarios baixaron en proporción á subida dos beneficios da patronal. Os dereitos laborais descenderon ao mínimo, perdéndose dereitos sindicais, económicos e sociais.
     
    Outro efecto trampa deste modelo solución para a crise capitalista que converte o traballo de calidade con condicións salariais e sociais aceptables, noutro precario e subcontratado, que destrúe emprego e que non xera ningún novo, é que repercutirá nunha diminución importante nos ingresos á seguridade social polo menor pago das cotizacións sociais, co cal se está xerando un caldo de cultivo para que proximamente volvan tocar as pensións á baixa ou que simplemente non se paguen.
     
    Ningún ERE é aceptable. Non aos ERE. Non aos despedimentos en EXTEL!

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript