Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  A GRAN ESTAFA
 

Cantos millóns nos saquearon os patriotas de pulseira?

O custo anual da corrupción no público, estímase ao redor de 50.000 millóns de euros. Durante os catro anos de Rajoy, os seus “protexidos” saqueáronnos máis de 199.300 millóns de euros, aos que hai que sumar os 700 millóns de euros saqueados por Chavez e Griñán, unha barbaridade. Destes 200.000 millóns, que nos saquearon, saen as mordidas, os sobres de diñeiro negro e as contas sen titulares das sedes provinciais do Partido Popular.

 

  • Noticias relacionadas

 

    Os millóns saqueados, son a razón de peso, para impedir calquera investidura de calquera candidato alleo á organización, que lles poida chafar o suculento negocio.
     
    Os recortes arbitrarios do indecente e persoa non grata, Mariano Rajoy, están a deixarnos sen esperanza, sen dignidade, sen enfermos crónicos, sen avós lonxevos, sen universitarios públicos e sen bosques.
     
    A débeda pública española alcanzou o pasado mes de xuño o seu máximo histórico desde 1910. O Estado xa debe o 100,5% do seu PIB, cando fai nove anos só debía o 35% da súa riqueza nacional. É case o triplo, nin máis, nin menos. 
     
    O máis indignante é que cada ano, as partidas orzamentarias dedicadas a servizos públicos, dependencia ou desemprego continúan minguando do mesmo xeito que a caixa de reserva de pensións da Seguridade Social.
     
    A maioría do orzamento repartíronllo ás empresas do IBEX35, os bancos, os colexios relixiosos subvencionados, os hospitais de aseguradoras privadas, as empresas mixtas de amiguetes e a igrexa (pazo de Rouco Varela incluído).
     
    A loita anticorrupción do goberno do PP é inexistente
    A lasitude na loita contra a corrupción prometida por Rajoy, crece conforme van saíndo á luz xuízos e novos casos de pepeiros indecentes e corruptos.
     
    Uns están aforados para sempre, outros fan pactos con fiscais amiguetes e outros como Rodrigo Rato, gozan en absoluta liberdade dos seus millóns
     
    Entre os Bancos, empresas do IBEX35 e os amiguetes patriotas de Rajoy e Montoro, acaparan a friorenta de máis de 25' 5 billóns de euros (con b de burrada) nos paraísos fiscais. 25,5 billóns de euros ocultos, que non tributan ao fisco español.
     
    Unha vez finalizado o verán, o paro continua á alza, pero o goberno de Rajoy di que a economía vai ben.
    Este pasado 2015, a banca obtivo miles de millóns de euros de beneficio, pero Mariano Rajoy négase en rotundo a obrigarlles a devolver o rescate bancario de 30.000 millóns.
     
    Durante todo o período de recesión económica de Rajoy, o  groso dos impostos recaeu, como sempre, nas familias máis necesitadas e os autónomos, que teñen que pagar o mesmo IVE e máis IRPF que os multimillonarios e as empresas do IBEX35.
     
    Por isto a pobreza infantil en España segue crecendo e a gran maioría de familias teñen cada vez maiores dificultades para chegar a fin de mes.
     
    Mentres tanto, a riqueza dos que máis teñen, segue crecendo desmesuradamente pola “fiscalidade de amiguetes”, as amnistías fiscais de Rajoy, os rescates bancarios, as SICAVS permitidas e as Fundacións.
     
    E con todo o goberno do PP, negouse a subir o Salario Mínimo Interprofesional e a lexislar unha renda mínima de inserción para os que xa o perderon todo.
     
    Aínda que Rajoy e os pepeiros miren para outro lado, aínda que mintan sobre os datos reais da economía, a crispación social segue crecendo. Segundo o último informe do Banco de España, máis de 36.900 familias perderon a súa casa en 2015.
     
    A Rajoy e ao Partido Popular parécelles que isto que fan e permiten, está ben, por iso non van cambiar nada.
     
    Cada día que goberna o PP, é un día de retroceso económico e democrático, o logotipo do partido popular provoca intranquilidade, rabia e xa é, o principal símbolo internacional da corrupción.
     
    Quizá por isto algúns candidatos borraron as siglas e o logo do PP, de todos os carteis das campañas electorais.
     
    @s cidadan@s decentes non podemos permitirnos outro goberno do Partido Popular e as súas mafias organizadas.
     
    ANTI-MAFIA. O pobo contra a corrupción

     

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript