Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Os compromisos
Chegará o día 1 de outubro e, como en moitas outras ocasións, non se cumprirá un, outro, compromiso. Recordo por se se vos esqueceu, que se ía convocar o concurso. Nesta ocasión non haberá quen o convoque porque o reitor non nomeou xerente. Na nosa universidade, si, nesta de andar por casa, pasan cousas como esta, pero sempre nos pasa aos mesmos. Merda!

Incerteza co concurso
Centrados nas promocións non se lle deu a importancia que para moitas de nós ten ao concurso. Non digo isto porque si, o xerente que cesou preocupouse da convocatoria das promocións, esqueceuse. Ábrese, para todas as que tiñamos as expectativas centradas no concurso, un período de incerteza que esperamos sexa o máis curto posible e que permita cumprir os prazos que se sinalaron.

Concurso
Como parece que xa está encamiñado o nomeamento do xerente, vai sendo hora de encamiñar a convocatoria do concurso de funcionarios. Parece que esta vez tería sentido que, debido a varias vacantes nas xefaturas de servizo, se convoquen antes estas prazas (sen mobilidade de persoal por resultas desta resolución) e, inmediatamente despois, se convoque o concurso co resto de posto. As bases son as mesmas pero coa cantidade de cambios que se producirán nas xefaturas, o resto concursaremos máis tranquilos.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript