Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES - CRUE
 

A CRUE reúnese en Compostela

Na asemblea xeral da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) reunida o día 28 en Compostela (o reitor da UDC non aparece na foto), anunciouse que alcanzaran un pre acordo co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polo que a maioría das carreiras existentes en mapa de titulacións se impartirían en catro anos. Tamén debateron sobre as reválidas e o perigo que encerra a desaparición do “distrito único”.

 

  • Noticias relacionadas

 

    Con respecto ás titulacións o pre acordo contempla que os títulos pre Boloña é dicir, aqueles que existían antes da adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (Dereito, Bioloxía, Física, etc), ademais dos graos da rama biomédica (salvo aqueles con regulación propia, como Medicina ou Veterinaria) e as enxeñarías, terán unha duración de 4 anos mentres que as titulacións que as universidades cren a partir desa adaptación poderán  ter unha duración de 3 anos.
     
    Con respecto ás probas de acceso á universidade é un tema que preocupa á xeneralidade de reitores e reitoras pois o Goberno deixa liberdade a cada universidade para que regule o seu modo, o que podería rematar co chamado 'distrito único'. Sobre este tema o presidente da CRUE destacou que o sentir xeneral" das universidades é traballar "para que non se rompa o distrito único" e realizar "un esforzo de coordinación" para que "un estudante que se examine en Galicia poida estudar na Autónoma de Madrid".
     
    Para iso, pedirase ao Ministerio que regule ata onde poida e trasladarase á sectorial de Estudantes da CRUE que traballe nun sistema "o máis parecido posible" ao actual respecto á cualificación do tramo de 10 a 14, que ata agora se realizaba mediante unha fase específica que permitía sumar puntos (ata 14) baseándose nunhas táboas de ponderación.

    Temos que sinalar que as universidades galegas, segundo anunciou o proio reitor no Consello de Goberno do 28/04/2016
     
    “1. Informe do reitor
    Logo de dar a benvida, o reitor comezou informando sobre o novo sistema de acceso á Universidade que, por imperativo da LOMCE, terá que se aplicar desde o próximo curso 2016-2017. Lembrou que a LOMCE faculta as universidades a realizaren as súas propias probas, tendo en conta a nota media do bacharelato e mais o resultado da reválida, porén aínda non definida polo MECD. A UDC estivo a traballar para formular unha proposta conxunta, tanto no seo do SUG como na CRUE, unha vez que o MECD rexeitou aplicar a moratoria solicitada polas universidades. Tratábase de avalar a seguranza xurídica e a igualdade no acceso a todas as universidades do sistema. A proposta final, á Xunta, das tres universidades do SUG é que as universidades xestionen a reválida de bacharelato co fin de que, nunha proba única, os estudantes poidan realizar as probas específicas das materias que solicitaran. Finalmente, indicou que este vai ser tamén o modelo en que vai traballar o MECD no futuro decreto.”

     
    Parece que @s reitor@s queren seguir mantendo o distrito único.

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript