Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  LEXISLACIÓN
 

Entrada en vigor da Lei 39/2015 de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

O día 2 de outubro entra en vigor a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que, entre outras cousas cambia o cómputo de prazos. A Lei regula as relacións externas entre a Administración e os cidadáns. Pretende implantar unha Administración totalmente electrónica, interconectada e transparente, mellorando a axilidade dos procedementos administrativos e reducindo os tempos de tramitación./span>

 

  • Noticias relacionadas

 

    A parte da importancia da propia lei traémola a colación porque no seu Capítulo II (Termos e prazos), artigo 30. Cómputo de prazos sinálase:
     
    “2. Sempre que por Lei ou no Dereito da Unión Europea non se exprese outro cómputo, cando os prazos se sinalen por días, enténdese que estes son hábiles, excluíndose do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.”
     
    Os sábados que, até agora, eran días hábiles pasan a non o ser. Polo tanto compre tomar nota.

    Lei 39/2015

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript