Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  LABORAL
 

Denuncian en España pésimas condicións laborais no sector servizos

No Día Mundial do Turismo, os sindicatos quixeron denunciar o ‘Lado B do sector' en España. Salarios á baixa, pésimas condicións laborais e unha crecente temporalidade contrastan coas cifras récord das empresas turísticas españolas.

 

  • Noticias relacionadas

 

    España é unha potencia turística mundial. O sector supuxo o 10,9 por cento do seu Produto Interior Bruto no ano 2014, cun peso de 113 000 millóns de euros. E as previsións son moi optimistas: a inestabilidade política en Exipto, Tunisia e Turquía elevou o número de visitantes ata cifras descoñecidas.
     
    Ata o mes de agosto, máis de 50 millóns de visitantes estranxeiros viñeron a España. Con todo, os sindicatos denuncian que estas cifras récord non se traducen en melloras laborais e salariais para os traballadores do sector
     
    No Día Mundial do Turismo, os sindicatos españois quixeron denunciar con manifestacións en todo o país as, ao seu xuízo, pésimas condicións laborais do sector. A taxa de temporalidade, por exemplo, alcanza o 36 por cento.
     
    Na cidade de Madrid (capital), entre xuño e agosto, máis de 2 200 000 visitantes percorreron as súas rúas e museos. Uns datos récord, pero que contrastan coa destrución de empregos ao chegar setembro.
     
    Os manifestantes terminaron a protesta fronte á Asociación Empresarial Hostaleira de Madrid, para esixir que se asine un convenio colectivo para o sector, e evitar así os abusos das empresas turísticas españolas.
     
    HispanTV

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript