Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 328 - 03/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

O xerente, cada día máis urxente

No Consello de Goberno realizado o día 28 o reitor confirmou o nomeamento de Ramón del Valle como novo xerente, desculpouse porque, ese mesmo día aparecía na prensa, antes de que o soubera a Comunidade Universitaria, un artigo no que Ramón confirmaba o seu nomeamento. Significou o reitor que, aínda que non había xerente, si había xerente, xustificou esa contradición na presenza das Vicexerencias que asumían esa labor. Nada máis lonxe da realidade, nesa mesma reunión, a preguntas da representación do PAS sobre cando se repartiría a roupa de traballo (leva meses de retraso), sinalou que había que agardar á toma de posesión do xerente para resolver a situación.

 

  • Noticias relacionadas

 

    O desgoberno nunha área de vital importante para o PAS, afonda nas incertezas sobre a tramitación e finalización de todos os procesos abertos, impide a iniciación dos xa acordados e imposibilita abordar as urxencias que aparecen.
     
    Dentro das cartas que recibimos e que publicamos no PASquín houbo unha que valora esta situación e coa que coincidimos. Reproducímola literalmente:
     
    “Non me parece ben a parsimonia coa que se está levando o nomeamento do novo xerente, seguro que o reitor coñecía a intención de J.M. Villoslada de ir nas listas do PSOE con tempo suficiente para que a espera non fose de tanta duración. Para min ou ben o reitor non ten presa e venlle ben esta situación que prorroga o desgoberno e a parálise nos asuntos que nos interesan ao PAS ou é unha mostra máis da súa incapacidade. Insisto non me parece ben esta situación e paréceme unha mostra de desconsideración con todas e todos nós.”
     
    O reitor na reunión do Consello de Goberno á que nos referimos con anterioridade veu a sinalar que a decisión sobre quen ocuparía o posto de xerente xa se lle comunicou ao Consello Social, dando a entender que con esta comunicación xa se cumpría o requisito establecido con ese órgano. Esta interpretación, se se quixo sinalar desta maneira, é cando menos discutible.
     
    Dentro das funcións recollidas no Regulamento de organización e funcionamento do Consello Social da Universidade da Coruña, aparece no Artigo 2. Funcións do Consello Social. Apartado 4. No ámbito da supervisión de actividades universitarias, corresponden ao Consello Social as seguintes competencias:
    “a) Acordar co reitor ou reitora, nos termos que están previstos na Lei orgánica 6/2011, do 21 de decembro, de universidades, o nomeamento ou cesamento do xerente da universidade.”

    A Lei Orgánica de Universidades sinala:
    “Artigo 23. Xerente.
    Ao ou á Xerente correspóndelle a xestión dos servizos administrativos e económicos da Universidade. Será proposto polo Reitor e nomeado por este de acordo co Consello Social, atendendo a criterios de competencia profesional e experiencia. O Xerente non poderá exercer funcións docentes.”

     
    Dáse a circunstancia de que desde o mes de agosto de 2016 o presidente do Consello Social Antonio Abril Abadín exerce o cargo “en funcións” á espera dun substituto por concluír os oito anos que, como máximo, pode exercer a Presidencia.
     
    Se o nomeamento oficial do novo xerente esixe o acordo do Consello Social, precísase unha reunión do órgano colexiado que adopte dito acordo.
     
    Se esta interpretación é correcta prolongaríase de xeito indefinido o nomeamento oficial de Ramón como novo xerente.

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript