Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 329 - 10/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA OBREIRA
 

ERE en EXTEL

O pasado venres, día 6 de outubro, miles de persoas convocadas polo Comité de Empresa de Extel percorremos as rúas da Coruña, desde a rúa Ramón y Cajal até a Praza de Pontevedra, en protesta pola intención da empresa de utilizar a reforma laboral aprobada polo Partido Popular para despedir a 205 traballadoras e traballadores.

 

  • Noticias relacionadas

 Segundo sinala o presidente do Comité, David Doural, a empresa comunicoulles, por medio dun correo electrónico, que Movistar decidira rebaixar a carga de traballo desde o día 1 de outubro. Extel, recorreu a unha empresa externa que no prazo de seis días elaborou un informe que conclúe na necesidade do ERE. @s traballador@s entenden que o ERE non é máis que un “chanchullo” porque a carga de traballo non diminuíu véndose na obriga a empresa a ter recorrer ás horas extraordinarias como facía até agora.
 
A empresa aínda non fixo pública a listaxe de afectad@s o que significa que, a día de hoxe, todas as traballadoras e traballadores están potencialmente afectadas/os polos despidos programados.
 
Seguindo o criterio que nos move de que “SE TOCAN A UNHA, TÓCANNOS A TODAS”, seguiremos acudindo a todas as chamadas que as compañeiras e compañeiros de Extel nos fagan chegar.
 
Este ERE ímolo parar!!
 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript