NÚMERO 329 - 10/10/2016
CUTUDC / Novidades
Para tratar de romper o cerco mediático sobre o que sucede no Sahara ocupado por Marrocos, a loita do pobo saharauí pola súa liberación e o labor do Movemento de Solidariedade coa RASD (República Árabe Saharauí Democrática), acaba de nacer `Yalah!´. Un espazo de TV por Internet..
"Yalah!"
será ofrecido polo proxecto dixital de comunicación
Cubainformación, do Movemento
de Solidariedade con Cuba, co obxecto de levar
ao campo da comunicación unha longa tradición de
solidariedade da Revolución cubana co pobo saharauí.
Lembremos que Cuba, desde 1977, desenvolveu unha
política de bolsas da que se beneficiaron máis de
4.000 moz@s do Sahara Occidental, e que hoxe existen
preto de catrocentos estudantes da RASD en
diferentes especialidades na Illa, principalmente en
Medicina.
Todas as asociacións de amizade e solidariedade coa
RASD no mundo, así como da diáspora saharauí,
están convidadas a colaborar neste espazo, que
desexamos fagades voso. Escribide para iso a
cubainformacion@cubainformacion.tv
A continuación ofrecémosvos o primeiro dos contidos
en vídeo de "Yalah!". Un faladoiro na que se realiza
un percorrido histórico polo conflito saharauí: a
colonia española no Sahara Occidental, a invasión e
ocupación marroquí do territorio, e a Intifada que,
desde hai unha década, vén desenvolvéndose nos
territorios ocupados por Marrocos.
Neste contexto, a solidariedade e cooperación
doutros países coa República Árabe Saharauí
Democrática, foi vital. O caso de Cuba é
paradigmático. O 20 de xaneiro de 1980 Cuba
recoñeceu oficialmente a RASD e, do mesmo xeito que
fixo con outros países do Sur, ofreceu xenerosas
bolsas para estudantes saharauís. Os primeiros
chegaron en 1977.
De todo iso falan Isabel Uria, membro da
Asociación de Amigos e Amigas da RASD de Bizkaia,
e Ali Salem Iselmu, poeta e escritor
saharauí que estudou en Cuba e é autor do libro
"Un beduino no Caribe".
Presenta: Tfarrah Mohamed Yeslem. Participan
na confección deste programa: Coordinadora de
organizacións vascas de solidariedade coa RASD "27
de febreiro", Asociación de Mozos Saharauís de
Euskal Herria e a Diáspora Saharauí en
Bizkaia (DISABI).
VÍDEO:
Recollido de Kaosenlared
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript