Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 329 - 10/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Concurso
Chega o momento de convocar o concurso de méritos e nada se falou nin do baremo nin das memorias, supoño polo tanto que se proporá o votado no ano 2013. Penso, non obstante que a experiencia demostra que, algunhas das decisións tomadas naquel momento, foron equivocadas e deberiamos reconsideralas. Refírome esencialmente ao punto que alude á esixencia de memoria e a súa defensa para niveis 25 e superiores. Pensaba e penso que para postos de alta responsabilidade é esixible unha competencia específica, que se terá que demostrar á marxe da antigüidade e os cursos realizados, non chega con valorar a formación e o tempo traballado, Coa opción adoptada o que facemos é poñer unha alfonbra para que, sen ningún impedimento, a incompetencia se cole nos postos máis importantes e dos que depende un número indeterminado de compañeiras/os que, aparte do propio servizo, serán quen cargue co efecto de non afrontar co criterio sinalado esta circunstancia. Sei que isto que defendín e defendo non é a panacea, que algún ou algunha incompetente se coará pero, polo menos, terá que pasar algún filtro. O dano que fan é moi alto, dígoo, para a miña desgraza, por experiencia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript