NÚMERO 329 - 10/10/2016
CUTUDC / Novidades
O viúvo da muller que faleceu o pasado 14 de xaneiro nun corredor do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo tras esvaecerse e permanecer unha media hora tendida no chan, conseguiu máis de 91.800 sinaturas en apoio á súa petición para que a Consellería de Sanidade esclareza "como e por que morreu" a súa muller.
Na súa petición
na plataforma Change.org, que superou as 91.800
sinaturas en menos de dúas semanas, Francisco Javier
Barros explica que a súa muller, Rosi, "a mañá do 14
de xaneiro, tras saír do traballo (traballaba pola
noite), foi ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
para visitar a súa nai. Entrou pola porta principal
ás 6,25 da mañá. E morreu".
Tal e como expón, a súa muller pasou entón "35
minutos abandonada" no corredor principal do que
din que é o hospital máis moderno de Galicia". Ante
os acontecementos, indicou que solicitou o vídeo de
seguridade do hospital, pero lle dixeron que "o
borraron".
O home explicou que na autopsia consta que a súa
muller tivo "un fallo cardíaco", se ben apuntou que
"a cuestión agora é saber se o hospital podía
facer algo máis", polo que segue reclamando os
vídeos. "Sen esas gravacións nunca poderei saber se
se podía facer máis", apostilou.
Así as cousas, pediu a colaboración cidadá para
reclamar á Consellería de Sanidade que esclareza "de
todo" a morte da súa muller, xa que, engadiu,
despois de nove meses non ten máis información.
"Teño dereito a saber que aconteceu, ¿como é que
ninguén atendeu a Rosi, no corredor principal do
hospital?", remata.
Galicia Confidencial
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript