Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 329 - 10/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  MULLERES RUMBO A GAZA
 

Israel deporta ás pasaxeiras da Flotilla. Arriban a Barajas este venres

Israel comeza a deportar ás pasaxeiras da flotilla interceptada fronte a Gaza informou esta tarde Infolibre. Por outra banda “Mulleres Rumbo a Gaza” Convoca a organizacións que apoiaron a campaña e a simpatizantes a reunirse no aeroporto para recibir a Sandra e ao resto das pasaxeiras.

 

  • Noticias relacionadas

As activistas pretendían romper o bloqueo que Israel mantén sobre o territorio palestino desde 2007. A organización denuncia que Israel non permitiu ás detidas ningunha comunicación co exterior ata unha visita realizada este xoves polas avogadas.
 
Esa publicación, a través de información de axencias publicou que  “Tras 30 horas detidas, as activistas comezaron a regresar aos seus respectivos países. Barrilaro chegará o venres ao Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, segundo informou unha representante do Ministerio de Asuntos Exteriores español á organización Rumbo a Gaza.
 
Esta organización denunciou nun comunicado que Israel non permitiu ás detidas ningunha comunicación co exterior ata unha visita realizada este xoves polas avogadas. Representantes da Embaixada española reuníronse con Barrilaro e confirmaron que “se atopa ben”.
 
O Goberno español  trasladou á Embaixada israelí en Madrid unha mensaxe no que reitera o súa defensa do dereito á libre navegación, pero segundo Rumbo a Gaza non se produciu ningunha protesta “formal”.
 
Fonte: Info Libre e axencias
 
MENSAXE DE MULLERES RUMBO A GAZA
 
A pasaxeira española do veleiro da flotilla da Liberdade chegará a Madrid deportada de Israel o venres pouco antes das dez da mañá no voo LY395 de El Al, segundo nos informou a unidade de crise do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación.
 
Sandra Barrilaro, como o resto das trece pasaxeiras do Zaytouna foron interceptadas ás catro da tarde do mércores en augas internacionais navegando cara ao porto de Gaza e levadas contra a súa vontade ao porto militar de Ashdod onde chegaron cinco horas despois. Desde alí foron seguidamente trasladas á prisión de Givon, ao sur do aeroporto de Ben Gurion.
 
A Sandra non se lle permitiu ningunha chamada nin comunicación co exterior ata a visita hoxe ás 12h das avogadas da flotilla e de representantes da embaixada española, que nos comunicaron que “puidemos vela e atópase ben”. Ás 20h puido realizar unha chamada  na que confirmou os detalles do voo.
 
Tras o asalto, o Ministerio de Asuntos exteriores enviou á embaixada israelí en Madrid unha mensaxe verbal na que que lles trasladaba que o Goberno “defende os principios do dereito internacional sobre a libre navegación”, pero non se produciu protesta formal algunha das autoridades españolas ao goberno israelí por ese asalto en augas internacionais dun barco civil no que navegaba unha cidadá do Estado español.
 
Recollido de Kaosenlared

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript