Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 329 - 10/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE VIGO - PAS LABORAL
 

O Consello de Goberno revogará a aprobación da RPT

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo, do día 10 de outubro, procederá a revogar a aprobación da RPT tanto de persoal laboral como de persoal funcionario por non contar no momento da súa aprobación, na sesión do 22 de xullo, cos informes preceptivos como recoñece a Asesoría Xurídica da propia universidade.

 

  • Noticias relacionadas

O día 9 de setembro o Comité de Empresa da Universidade de Vigo presentaba RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN contra o acordo do consello de Goberno polo que se aproba a Relación de Postas de Traballo do Persoal Laboral de Administración e Servizos da Universidade de Vigo. A Asesoría da propia universidade ben de responder estimando parcialmente o recurso presentado.
 
O informe da asesoría remata sinalando que. “En base ao exposto, dado que non se achegou coa documentación da orde do día do xeito previsto polo artigo 8.4 do Regulamento de Consello de Goberno o informe negativo do Comité de Empresa do P AS laboral da provincia de Pontevedra e o informe da Xunta de Galicia, o parecer desta Asesoría Xurídica é que procedería estimar parcialmente o recurso presentado polo Comité de Empresa en relación con este aspecto, no sentido de anular o Acordo de Consello de data 22/07/2016, acordando a retroacción do procedemento a efectos de que se realice a convocatoria do Consello de Goberno verbo da aprobación da Relación de postos de traballo de persoal laboral contendo a documentación esixida polas normas de aplicación para que o debate e toma de acordo sobre a Relación de postos de traballo se produza consonte coa normativa vixente.”
 
Nin o Comité nin a Xunta de Persoal aceptaran negociar a súa execución.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript