NÚMERO 329 - 10/10/2016
CUTUDC / Novidades
Despois de varias consultas neste sentido, informámosvos desta posibilidade recollida na lexislación e que require unha serie de condicionantes que vos sinalamos. Non obstante esta aclaración, recomendámosvos a revisión do caso concreto para aclarar exactamente como afectará á vosa “pensión”.
(Artigo 208 da
Lei Xeral da Seguridade Social)
1. O acceso á xubilación anticipada por vontade do
interesado esixirá os seguintes requisitos:
a) Ter cumprida unha idade que sexa inferior en 2
anos, como máximo, á idade ordinaria de xubilación..
A idade ordinaria de xubilación vai subindo cada ano
ata que chegue aos 67 anos en 2027 (con matices para
as carreiras longas de cotización). No ano 2016, a
xubilación ordinaria é aos 65 anos e 4 meses para os
que cotizasen menos de 36 anos e 65 anos para os que
cotizasen máis.
b) Acreditar un período mínimo de cotización
efectiva de 35 anos, sen que, a tales efectos, se
teña en conta a parte proporcional por pagas
extraordinarias. A estes exclusivos efectos, só se
computará o período de prestación do servizo militar
obrigatorio ou da prestación social sustitutoria, co
límite máximo dun ano.
c) Unha vez acreditados os requisitos xerais e
específicos da devandita modalidade de xubilación, o
importe da pensión para percibir ten que resultar
superior á contía da pensión mínima que
correspondería ao interesado pola súa situación
familiar ao cumprimento dos 65 anos de idade. En
caso contrario, non se poderá acceder a esta fórmula
de xubilación anticipada.
2. A pensión será obxecto de redución mediante a
aplicación, por cada trimestre ou fracción de
trimestre que, no momento do feito causante, lle
falte ao traballador para cumprir a idade legal de
xubilación ordinaria, dos seguintes coeficientes en
función do período de cotización acreditado:
- 2 por cento por trimestre cando se acredite un
período de cotización inferior a 38 anos e 6 meses.
- 1,875 por cento por trimestre cando se acredite un
período de cotización igual ou superior a 38 anos e
6 meses e inferior a 41 anos e 6 meses.
- 1,750 por cento por trimestre cando se acredite un
período de cotización igual ou superior a 41 anos e
6 meses e inferior a 44 anos e 6 meses.
- 1,625 por cento por trimestre cando se acredite un
período de cotización igual ou superior a 44 anos e
6 meses.
Aos exclusivos efectos de determinar a idade legal
de xubilación, considerarase como tal a que lle
correspondese ao traballador de seguir cotizando
durante o prazo comprendido entre a data do feito
causante e o cumprimento da idade legal de
xubilación que en cada caso resulte de aplicación.
Para o cómputo dos períodos de cotización tomaranse
períodos completos, sen que se equipare a un período
a fracción do mesmo.
La Pirenaica
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript