Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 330 - 17/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  EXTEL, NON AO ERE
 

EXTEL, a loita continúa

O día 14 de outubro as traballadoras e traballadores de Extel-Adecco realizaron o segundo día de folga contra a intención da empresa de utilizar os medios que a reforma laboral do PP pon ao seu alcance para despedir a 205 traballadores e traballadoras na cidade da Coruña, un ERE fraudulento fundamentado nunha redución das chamadas que os propios documentos que presentou a empresa desmenten.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo sinalan os medios de comunicación, “a compañía entregou á representación do persoal documentación con históricos do servizo prestado nos meses pasados e que recoñece que só no mes de xullo quedaron 200.000 chamadas sen atender por falta de persoal. A cifra con todo pode ser moito maior, dado que a empresa entregou onte numerosa información que os sindicatos non puideron analizar a fondo.
 
O presidente do Comité de Empresa lembra ademais que a “compañía factura aos seus clientes por cada unha das chamadas que atende efectivamente, non polas que recibe, o que lle leva a concluír que o ERE é unha fraude e que Extel tenta provocar un descenso dos ingresos que lle permita xustificar o axuste”.

O Comité de Empresa recorda que ante este ataque sen precedentes debemos dar unha resposta contundente. Queren destrozar a vida de 350 familias en todo o estado, 205 na nosa cidade. Debemos seguir mobilizándonos, non podemos permanecer caladas/os e sentadas/os ante esta ultraxe. O día 18 de outubro convoca outra folga de 24 horas.
 
Todo o noso apoio á xusta loita das traballadoras e traballadores de Extel.
ESTE ERE ÍMOLO PARAR!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript