Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 330 - 17/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Represión e arrestos en Portland durante protesta contra racismo e violencia policial

Os movementos Don´t Shoot PDX e Black Lives Matter, que defenden os dereitos dos afrodescendentes, foron dispersados con gas pementa pola policía.

 

  • Noticias relacionadas

 

Unhas 10 persoas foron detidas este xoves preto do Concello de Portland, estado de Oregon, Estados Unidos, durante unha protesta en contra dun novo contrato entre o exalcalde Charlie Hales e a policía local, posto en marcha desde o pasado mércores.
 
O contrato establece que os oficiais poderán revisar as gravacións da cámara que levan incorporada ao uniforme antes de escribir un reporte ao corpo de seguridade sobre os casos de violencia con civís.
 
Igualmente, o contrato permite que os axentes que maten a un cidadán, teñan 48 horas para conseguir un avogado antes da entrevista de investigación.
 
A policía utilizou gas pementa contra os activistas de Don´t Shoot PDX (Non lle disparen a Portland) e Black Lives Matter (As vidas negras importan), movementos que defenden os dereitos humanos da comunidade afrodescendente.
 
Os activistas planearan testificar contra o contrato diante do Concello pero non se lles deu a oportunidade de facelo. Algúns deles moveron as súas tendas de campaña ao interior do Concello e continuaron protestando mentres o consello de Portland votou 3- 1.
 
O enfado dos manifestantes produciuse pola decisión de Hales de realizar a votación para aprobar ou non o contrato sen deixar que o seu sucesor, o alcalde electo, Ted Wheeler tomase o tema en xaneiro e isto dese máis tempo para que a opinión pública se informase sobre as medidas do contrato, explicaron activistas.
 
LibreRed | Telesur

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript