Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 330 - 17/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  SAVE THE CHILDREN
 

Save The Children denuncia que o 16,7% dos nenos españois sofre pobreza severa

A pobreza infantil severa continúa crecendo en España e xa afecta ao 16,7% dos nenos, segundo datos publicados por Save The Children con motivo do Día Internacional para a erradicación da pobreza que se celebra o vindeiro luns.

 

  • Noticias relacionadas

 

"Só nun ano, de 2014 a 2015, o número de nenos en situación de pobreza severa aumentou en 80.000, chegando a 1.388.474 nenos, un 16,7% do total da poboación infantil", informou a organización. Estes nenos viven en fogares que contan cunha media de 9.000 euros para sufragar os gastos familiares durante todo o ano. "Os fogares máis vulnerables seguen empobrecéndose e os nenos pobres sono cada vez máis", denunciou a ONG.
 
Save The Children estima que un 9,1% dos nenos españois (756.594 infantes) vive en fogares onde se sofren situacións de privación material. Iso quere dicir, segundo explicou a organización, que as familias deses nenos pasan dificultades en polo menos catro dos seguintes ámbitos: atrasos no pago de recibos de vivenda ou compras, capacidade de manter a vivenda a unha temperatura adecuada durante os meses de frío, a posibilidade de facer fronte a gastos imprevistos, poder garantir unha alimentación adecuada ou dispor dun coche, lavadora, televisión a cor ou teléfono.
 
Antes da crise o número de fogares con nenos en situación de dificultades materiais era un 40% menor, subliñou Save The Children. Actualmente, un 3,2% das familias con nenos non pode permitirse unha comida con carne, pito ou pescado tres veces por semana, o que coloca a 266.055 nenos en risco de sufrir malnutrición. Ademais, un 11,3% dos nenos (940.000) sofre pobreza enerxética e vive en fogares nos que non se mantén unha temperatura adecuada durante os meses de frío. O 43% dos alumnos españois máis pobres deixan os estudos prematuramente. Save The Children mantén que "sacar aos nenos da pobreza é unha cuestión de investimento e de vontade política.
 
Un terzo da poboación española está en risco de pobreza Segundo os seus cálculos, un total de 638.770 nenos poderían deixar atrás a pobreza se o Goberno aumentase a prestación por fillo a cargo de 24,25 euros a 100. A ONG tamén lembrou que, segundo datos de Eurostat, España só inviste un 1,3% do PIB á protección da infancia mentres que a media europea sitúase no 2,4%.
 
Save the Children

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript