Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 330 - 17/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  INTERNACIONAL
 

Brasil vai á folga xeral o 11 de novembro contra as medidas neoliberais

A Central Única dos Traballadores (CUT) de Brasil chamou este mércores para declarar o 11 de novembro Día Nacional de Folga, en resposta aos ”ataques do goberno golpista de Michel Temer contra os nosos dereitos e conquistas”.

 

  • Noticias relacionadas

 

As medidas xa anunciadas e as iniciativas recentemente aprobadas ou en curso no Congreso Nacional -como a Proposta de Emenda Constitucional 241 (que limita os gastos públicos nos próximos 20 anos)- apuntan nunha soa dirección: retirar os dereitos da clase traballadora, indicou a organización sindical.
 
Nunha mensaxe subscrita polo seu secretario xeral Sergio Nobre, a CUT denunciou que o actual goberno golpista pretende tamén diminuír os salarios, privatizar empresas e servizos, entregar as riquezas do país ás multinacionais e diminuír drasticamente os investimentos en áreas públicas esenciais como a educación e saúde.
 
Con esas iniciativas de carácter neoliberal coloca sobre os ombreiros da clase traballadora os custos dunha política regresiva e autoritaria de axuste fiscal que, como vimos denunciado, constitúe o verdadeiro obxectivo do golpe (xurídico-parlamentario contra a deposta presidenta constitucional Dilma Rousseff), subliña.
 
A mensaxe da CUT sostén que a forma mediante a cal os traballadores poden rexeitar, de forma organizada, eses abusos e retrocesos é a loita unitaria e esta pasa pola folga como arma para enfrontar e impedir a implementación da axenda do goberno de Temer, contraria aos intereses dos sectores máis pobres.
 
PL

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript