Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 330 - 17/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

O gasto sanitario en España afundiuse en 12.000 millóns durante a crise

Unha tesoirada próxima ao 1% do PIB. O gasto sanitario público en España diminuíu en 12.000 millóns durante os anos máis duros da crise, segundo os datos recompilados pola Comisión Europea nun informe feito público este luns en Bruxelas, e que foi discutido na reunión do Eurogrupo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Neste período o esforzo orzamentario respecto ao PIB español contraeuse en oito décimas. Se en 2009 o gasto sanitario público representou o 7,2% da riqueza económica do país, catro anos despois supuxo o 6,4%. En números redondos: a factura pública en sanidade ascendeu en 2009 a 77.690 millóns, polos 65.640 de 2013.
 
Unha década de expansión
Tal e como relata o documento, as tesoiradas ocorridos durante a recesión económica supuxeron un freo claro a unha década de forte expansión orzamentaria. En concreto, o gasto per cápita sanitario en España creceu un 4,1% anual entre 2003 e 2008.
 
Aínda así, a pesar dos axustes durante a crise, o gasto en saúde está aínda moi por encima do rexistrado ao comezo do século (ano 2000, 7,2% do PIB) ou nos inicios da década previa (1990, 6,5%) (Só faltaría).
 
Economía Digital

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript