Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 330 - 17/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  CORRUPCIÓN
 

(¡Oh casualidade!) Rita Barberá non declarará ante o Supremo ata despois da investidura

O Tribunal Supremo non chamará a declarar á excalcaldesa de Valencia e actual senadora do Grupo Mixto, Rita Barberá, ata mediados do mes de novembro. É dicir, unha vez pase o debate de investidura do próximo presidente do Goberno. Así o sinalaron fontes do alto tribunal á SER, á espera de que a semana que vén se coñeza a data exacta para esta declaración.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Supremo aplica de novo, segundo esta emisora, unha norma non escrita que permite atrasar os interrogatorios de imputados cando o país pasa por períodos electorais ou se enfronta á formación das Cámaras para evitar, desta maneira, calquera interferencia ou suspicacia de partidismo.
 
A defensa de Barberá deixou claro que a senadora está disposta a declarar ante a Sala Segunda do alto tribunal en canto o xuíz o permita.
 
O pasado 13 de setembro o Supremo decidiu abrir procedemento contra a exalcaldesa de Valencia por indicios de participación no presunto branqueo de comisións ilegais do PP da capital do Turia no marco da ‘operación Taula’. Nesta peza separada, investíganse as doazóns de 1.000 euros efectuadas por concelleiros e asesores. Un diñeiro que presuntamente se lles devolvía polo PP en dous billetes de 500 euros para branquear diñeiro.
 
Axencias
 
Kaosenlared

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript