Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 331 - 24/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE VIGO
 

A Xerencia presenta a proposta de OEP do ano 2016

O 19 de outubro a Xerencia da Universidade de Vigo presentou aos órganos de representación do PAS a proposta de Oferta de Emprego Público do ano 2016. Ábrese agora o proceso de negociación, unha negociación que se fai moi difícil despois da imposición das RPT de PAS funcionario e laboral impostas polo equipo de goberno e que se aprobaron na reunión do Consello de Goberno do pasado día 10 de outubro.

 

  • Noticias relacionadas

 

A proposta contempla para quenda libre:
 
PAS laboral
• 2 prazas de Técnico/a Superior de Orientación e Promoción do Emprego e o Emprendemento, PAS laboral, grupo 1
• 1 praza de Técnico/a Superior de Teledocencia, PAS laboral, grupo 1.
• 2 prazas de Técnico/a Superior de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, PAS laboral grupo 1.
 
PAS funcionario
No ámbito funcionarial proponse a convocatoria da praza de letrado/a, grupo A1
 
Promoción interna:
 
PAS funcionario

•14 prazas de promoción interna de C2 a Cl.
•8 prazas de promoción interna de CI a A2.
 
PAS laboral
•4 prazas de Técnico/ a Especialista de Servizos Xerais
•1 praza de Técnico/a Superior de TecnoloxÍas da Información e das Comunicacións
 
Documento completo

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript