NÚMERO 335 - 21/11/2016
CUTUDC / Novidades
O sindicato de Enfermería SATSE denuncia que o Sergas leva a cabo, a través das distintas EOXIS que xestionan as áreas sanitarias, unha posible fraude de lei cos contratos.
Así o asegura o
sindicato nun comunicado, no que destaca que a
situación xa está denunciada ante "Inspección de
Traballo e Seguridade Social de Ourense, A Coruña e
Lugo, con resultados favorables aos traballadores
e con graves consecuencias para o Sergas, que tivo
que recuperar as cotizacións que evitaron no seu
día co tipo de contratos que viñan realizando."
SATSE denunciou que, nalgúns casos, os contratos por
substitución das enfermeiras fanse "de luns a
venres, dándoas de baixa os venres para volver
contratalas os luns", tal e como explicou Carmen
García Rivas, secretaria de SATSE en Galicia.
Nos informes emitidos nas tres provincias galegas
citadas, "constátase que se produciron altas e
baixas de curta duración" en casos nos que se
substitúe "á mesma persoa e polo mesmo motivo,
quedando sen tramitar o alta nos días festivos e
fins de semana". Así, o sindicato tamén denuncia
que as baixas se comunicaron "sen que existise unha
causa, pois o substituído non se incorporou ao
traballo".
Neste momento, só a Inspección de Traballo e
Seguridade Social de Pontevedra falta por emitir o
seu informe sobre estas supostas fraudes. Por iso,
desde SATSE reclaman que "non se demoren máis nun
informe no que levan traballando xa varios meses" e
que afecta á situación que se está vivindo na
EOXI de Vigo, ao considerar que "tiveron tempo
suficiente para presentar unha resolución".
Enfermeiros especialistas reclaman a súa inserción
laboral non Sergas
GaliciaPress
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript