Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 335 - 21/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA
 

USC. Comunicado da Xunta de Persoal

A xunta de Persoal Funcionario da USC ven de facer público un comunicado no que sinala que a Xerencia lle entregou, na reunión de outubro, un Cadro que recolle os efectivos de persoal reais (prazas ocupadas), e os da RPT vixente, xunto coa previsión de xubilacións forzosas e reposición de efectivos que pode comprometer ata 2020:

 

  • Noticias relacionadas

         segundo este cadro hai 1228 prazas na RPT

         desas prazas hai 1138 efectivos: 880 fixos, e 258 interinos.

         90 prazas están desocupadas.

         entre 2016 e 2020 teñen contabilizadas 79 xubilacións forzosa, e a reposición de 24 prazas (6 por ano dende o 2017 que é o que poden comprometer)

         no ano 2020 teriamos amortizadas 55 prazas máis

 
O xerente explicou, ao entregarnos este cadro, que quere facer un reaxuste da RPT para adaptala ao cadro real de cara a final de ano, e negociar os postos singularizados que poidan permanecer ata o 2020.
 
É dicir, preven amortización inmediata de 90 prazas a día de hoxe, que subirá a 145 en 2020.
 
ESTA XUNTA DE PERSOAL COMUNICA:
 
1.         NUNCA aceptou nin aprobou o Plan de Equilibrio Financeiro que xustifica para Xerencia a amortización de prazas proveñentes de xubilación forzosa.
 
2.         NUNCA aceptou nin aprobou a amortización das prazas vacantes creadas e dotadas en anos anteriores.
 
3.         DENUNCIAMOS QUE as prazas que non se están ocupando das xubilacións forzosas xa producidas, estanse a utilizar arbitrariamente por parte de Xerencia para reorganizar o cadro de persoal, en función de intereses e criterios que non se coñecen nin negocian.
 
4.         ESIXIMOS que non se produza ningún cambio na RPT que non se corresponda coas necesidades reais dos servizos e que non sexa previamente negociada.
 
Xunta de PAS Funcionario USC, 15 de novembro 2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript