NÚMERO 335 - 21/11/2016
CUTUDC / Novidades
Por terceira vez nun mes, a situación das persoas encerradas no Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) saltou aos medios de comunicación en forma de motín. Na noite do domingo 13 de novembro, doce persoas conseguiron escapar do CIE. Ao longo do día 14, un deles foi detido. Durante a fuga, producíronse varios incidentes e nove funcionarios policiais denuncian sufrir feridas.
A comezos de
outubro produciuse un feito similar de maiores
dimensións, coa fuga de 67 dos internos. O 30 de
outubro, produciuse a fuxida de cinco persoas de
orixe alxerina.
A organización Convivir sen Racismo pediu o día 15 á
xuíza de control do CIE de Murcia e ao Defensor do
Pobo que interveñan de maneira urxente no centro,
que indaguen "nas razóns polas que de maneira
reiterada se producen estas situacións e preveñan
posibles actuacións lesivas de dereitos".
Esta organización presentou previamente unha queixa
formal ante o xulgado de control do centro de
Sangonera e, tras o episodio do 30 de outubro, unha
petición ao Defensor do Pobo. "En ambas pedimos o
peche destas instalacións, pois cada día que pase
aberto supón máis sufrimento e é unha ameaza para a
seguridade de todos os internos e de cantas persoas
prestan o seu servizo neste centro".
No seu informe de 2016 publicado en setembro, SOS
Racismo apunta os "malos tratos físicos e verbais"
que se produce en Sangonera. Baseado no traballo de
Convivir sen Racismo, o informe engade a práctica
dos funcionarios do centro de propinar "golpes
frecuentes en lugares onde as cámaras de vixilancia
non chegan a gravar".
O medo a que unha denuncia dexenere en novos
episodios de malos tratos, xunto co relativo pouco
tempo que os internos pasan no CIE antes da súa
posta en liberdade ou a súa expulsión do país, son
os principais obstáculos, asegura SOS Racismo, á
investigación deses episodios de violencia.
Unido a isto, prodúcense vulneracións de dereitos
respecto da falta de transparencia e de dereito á
información. "Non se permite a recepción de chamadas
procedentes de familiares e avogados do exterior",
explican desde Convivir sen Racismo.
Ademais, prodúcense deficiencias na atención
sanitaria dos internos, dificultades para facilitar
intérpretes para explicar os seus dereitos aos
detidos no CIE, ademais de trabas para o acceso a
roupa limpa ou alimentación suficiente.
Xunto a Convivir sen Racismo, organizacións
políticas como Cambiemos Murcia ou Podemos pediron o
peche deste centro. Andrés Pedreño, deputado de
Podemos, declarou ao medio murciano Crónica del
Pajarito que "os continuos motíns que se veñen
desenvolvendo están a indicarnos que neste centro se
vulneran as condicións mínimas para a convivencia
armoniosa”.
Como noutros casos, sobre o CIE da pedanía de
Sangonera la Verde pende a sospeita de que estea a
funcionar sen licenza. Así o denuncia o partido de
confluencia Cambiemos Murcia. Gabriel Vascónez,
responsable de migracións de Cambiemos, declarou a
Europa Press que "se o CIE de Sangonera non ten
licenza, o Consistorio terá que informar ao
Ministerio do Interior das posibles multas ás que
terá que facer fronte", un motivo, para Vascónez,
suficiente para "proceder ao precinto das
instalacións".
Diagonal Periódico
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript