Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 335 - 21/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  SENTENZAS
 

Dereito a indemnización por cesamento

O Xulgado do Social nº 2 de Ourense ven de ditar sentenza na que recolle o dereito dunha traballadora da Consellaría de Educación á indemnización por cese ao tomar posesión da praza o seu titular. A sentenza é a primeira en Galiza en aplicar a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que equipara a indemnización dos contratos temporais coa dos fixos.

 

  • Noticias relacionadas

 

En concreto a denuncia parte dunha traballadora que en setembro de 2012 comezou a traballar de axudante de cociña nun colexio dependente da Consellaría. En xuño de 2016 comunícanlle o cese, como xa sinalamos, porque a praza ía ser ocupada pola persoa titular da mesma. Diante desta circunstancia a traballadora decide interpoñer denuncia no xulgado para reclamar a súa condición de  indefinida.
 
O Xulgado, na sentenza que pode ser recorrida, establece que o cesamento é axustado a dereito por considerar que a praza cubriuse polos procedementos regulamentarios, pero sinala o dereito da traballadora a ser indemnizada con 20 días de traballo por cada ano que prestou servizo correspondéndolle, por este motivo, a cantidade de 5.415,67 euros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript