Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 335 - 21/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - XUNTA DE PERSOAL
 

Reunión co xerente

Aínda que somos conscientes de que todo leva o seu tempo, a tardanza na incorporación do novo responsable da Xerencia e a súa adaptación, retrasa, dun xeito considerable, todos os acordos que afectan ao noso colectivo, bota por terra os calendarios previstos, xeneralizando incertezas no normal desenvolvemento do calendario das convocatorias tanto nas xa iniciadas como nas previstas.

 

  • Noticias relacionadas

O pasado día 14, como xa vos anunciamos, realizouse unha reunión da Xerencia coa Xunta de Persoal, nela analizáronse todos os procedementos que compre reactivar urxentemente, os que con máis ou menos urxencia compre iniciar e, como se produciu o cambio de xerente sinalóuselle unha relación de reivindicacións xa presentadas e que, ou ben non tiveron resposta ou que o anterior xerente non aceptara pero que seguimos reclamando.
 
A reunión centrouse na convocatoria do concurso de méritos Acordouse que as bases sexan as do último concurso realizado en 2014 e que foran votadas polo colectivo. Noutra orde de cousas sinalouse que poderán participar tod@s @s funcionari@s que leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo o que supoñerá que o persoal funcionarizado, poderá participar no concurso sempre que, como persoal laboral e funcionario compute eses dous anos (a práctica totalidade independentemente de cando se funcionarizou).
 
O xerente convocará, nesta semana, á Xunta de Persoal para revisar as bases da convocatoria e as prazas que sairán no concurso.
 
Promocións démonos de prazo até o día 24 deste mes para realizar o nomeamento dos tribunais.
 
A Xerencia acepta prorrogar o o prazo de goce dos días de libre disposición e das vacacións até o 31 de xaneiro, comenta que este tipo de acordos, normalmente son froito dunha negociación onde a outra parte fai algunha concesión pero que neste caso, debido á premura e como mostra de boa vontade, acepta a petición realizada pola Xunta de Persoal. Maniféstaselle o baixo nivel da concesión debido ao condicionante de que os servizos deben estar cubertos. O feito de que este prazo só se habilite para este ano fainos pensar que, en anos posteriores, negociarase baixo o criterio sinalado pola Xerencia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript