NÚMERO 335 - 21/11/2016
CUTUDC / Novidades
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte vai reformar por decreto lei a LOMCE para que a avaliación final de Bacharelato sexa moi similar á Selectividade con exames só das materias troncais de 2º e non dos dous cursos da etapa como establece a lei. Ademais, a avaliación de 4º da ESO non van realizala todos os centros, senón os que elixan as comunidades autónomas, e versará só das troncais dese curso.
Estas son
as principais novidades do borrador do proxecto de
real decreto lei. O documento discutirao o ministro
Íñigo Méndez de Vigo cos responsables de Educación
das comunidades autónomas na Conferencia
Sectorial convocada para o próximo 28 de novembro.
Tanto a LOMCE como os últimos borradores sobre as
características destas avaliacións indican que os
alumnos que queiran acceder á Universidade o curso
que vén 2017-2018 deben examinarse non só das
materias troncais de segundo de Bacharelato, senón
tamén dalgunhas materias de primeiro, algo
que estaba a xerar moito desconcerto na
comunidade educativa, que pedía de forma unánime
o restablecemento da antiga Selectividade.
UN PASO MÁIS ALÓ
Respecto da de 4º da ESO, o Ministerio tamén
cedería ás peticións da maioría das comunidades
autónomas e das organizacións da comunidade
educativa, pois vai máis aló do compromiso anunciado
polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, de
suspender os efectos académicos destas probas ata
lograr o pacto educativo.
Con leste decreto lei non só desvincula a proba á
obtención do título, senón que permitirá ás
autonomías que a avaliación teña carácter mostral
e non censal, de maneira que non a teñan que
realizar todos os alumnos de 4º da ESO de España,
senón só os dalgúns centros. Do mesmo xeito que a de
Bacharelato, esta proba non versará sobre
contidos dos catro cursos da etapa, senón dos
troncais xenerais e de opción de 4º.
Fontes ministeriais indicaron a Europa Press que o
borrador deste proxecto de decreto lei enviouno
Educación aos "negociadores" do PSOE este xoves 17
de novembro. No texto indica que as novas condicións
manteranse "durante un tempo prudencial e
suficiente" ata alcanzar o pacto educativo e
as mesmas fontes explicaron que este prazo acordarao
Méndez de Vigo coas comunidades autónomas na próxima
Conferencia Sectorial do 28 de novembro.
O pasado martes, no Congreso dos Deputados, durante
o debate dunha proposición de lei do PSOE para
tramitar a paralización da LOMCE, o ministro
anunciou este decreto para suspender os efectos
académicos, pero sen dar detalles sobre o
contido. Despois, en declaracións aos medios á saída
do Hemiciclo, mostrouse "aberto" ás propostas que os
conselleiros poidan facerlle no encontro do 28 de
novembro e asegurou que non se pechaba "a nada".
Méndez de Vigo convoca a las CCAA para debatir sobre
las 'reválidas'
Las reválidas quedan sin efectos hasta alcanzar un
pacto por la Educación
GaliciaPress
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript