Novembro de 2016
 
 

NÚMERO 335 - 21/11/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE - SEGURIDADE
 

@s traballador@s de Segur Ibérica en loita

Os traballadores e traballadoras de Segur Ibérica, empresa á que a UDC ten contratada a seguridade, concentráronse o día 17 diante da sede da firma para protestar contra a falta de pagamento dos salarios do mes de outubro, que afecta a máis de 50 traballadores/as na provincia da Coruña, e contra a presentación por parte da empresa dun procedemento de despido colectivo do que a empresa aínda non sinalou número de traballadores e traballadoras afectados/as.

 

  • Noticias relacionadas

Na Universidade da Coruña dáse unha circunstancia dispar, mentres que uns traballadores da empresa cobraron a mnsualidade de outubro, outros non o fixeron. A empresa xustifica esta circunstancia pola falta de pagamento das empresas contratantes, a Universidade sinala estar ao día nos pagos.
 
Coa escusa sinalada, Segur Ibérica deriva, dun xeito intolerable, a responsabilidade da falta de pagamento dos que a contratan aos petos das traballadoras e traballadores que nada teñen que ver con esa circunstancia. As traballadoras e traballadores iniciaron un peche indefinido, en sinal de protesta, na sede da empresa en Oleiros

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript