Decembro de 2016
 
 

NÚMERO 337 - 05/12/2016

   CUTUDC / Novidades

  FEDERACIÓN SINDICAL MUNDIAL
 

A FSM loita a carón das persoas con discapacidade

Con ocasión do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, a Federación Sindical Mundial, representando 92 millóns de membros en 126 países en todo o mundo, expresa o seu pleno apoio ás persoas con discapacidade, que se enfrontan a moitos problemas por mor da indiferenza que os estados mostran cara a elas.

 

  • Noticias relacionadas

 

En moitos lugares do mundo, as pensións de invalidez reducíronse dramaticamente, o que ocasionou a desesperación das persoas con discapacidade e das súas familias. Ademais, os estados non cobren os gastos médicos necesarios, nin tampouco aseguran o coidado diario de saúde que é necesario. Tamén, a falta de infraestrutura apropiada impide a miúdo o traslado das persoas con discapacidade dun lugar a outro, facéndoos dependentes da axuda doutras persoas. Por último, eles enfrontan serias dificultades para encontrar un traballo, dentro da situación xeral de alto desemprego, e son a miúdo vítimas de discriminacións.
 
A FSM demanda a protección plena da saúde das persoas con discapacidade, así como a protección do seu dereito para recibir educación, a traballar e a ser membros activos da sociedade. Chamamos ás persoas con discapacidade a loitar á beira do movemento sindical internacional clasista por unha vida digna e con dereitos.
 
O Secretariado
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript